Mostrando entradas con la etiqueta Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libro. Mostrar todas las entradas

6 may 2021

Libros de Gonzalo Fernández Martínez na biblioteca de Rural C - Monfero

Amigas da lectura,

como sabedes, os encontros literarios de lectura e escritura de relatos da asociación, están en pausa por mor da pandemia. Mais seguimos emprestando libros dende a biblioteca da asociación a aquelas persoas que estean interesadas.

Temos novos libros que poden ser do voso interese. Trátase dos libros de Gonzalo Fernández Martínez, quen foi veciño de Vilachá
.

Deixámosvos unha nota autobiográfica de Gonzalo:

"Nacín nunha pequena aldea coruñesa. Nela pasei os primeiros anos da miña vida. Gustábame o campo, a agricultura, e sobre todo, plantar árbores en liña recta. Recorría todos os días 10 km a pé, na miña ida á escola e volta á casa. Unha serie de circunstancias imprevistas fixo que a miña familia deixase o campo, e eu con eles, e trasladámonos a Ferrol.
Alí estudiei en bacharelato e, nos últimos anos do mesmo, comencei a escribir.
O salto xeográfico seguinte deino a Madrid para estudar ciencias económicas na universidade.
Obtiven o título no ano 1963. Coa chegada a Madrid acentuouse a miña vocación xornalística, orientada cada vez máis cara os temas sociolóxicos e económicos.
Simultaneando cos meus estudos de economía, escribín algún ensaio e uns centos de artigos sobre temas socioeconómicos.
Co paso do tempo fun centrándome no
xornalismo económico, simultaneando co exercicio da miña profesión como economista"

Gonzalo Fernández Martínez ten publicado máis de 2.500 artigos en medios como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, e en numerosas revistas especializadas.

Entre os libros que xa están na biblioteca de RuralC Monfero temos varios relacionados coa "economía rural e agraria". Na foto podedes ver os títulos:



 








 

 

Tamén temos unha decena de exemplares do conto "Pipo y el cordero", dos cales xa temos regalados algúns a nenos e nenas do concello.

 

Xa sabedes que podedes vir á asociación ou pedir os libros a través do grupo de WhtasApp ou do mail hola@ruralc.com

Saúdos.

 


3 ene 2020

Presentación Historias de Vilachá 2019 - Hai que andar

O pasado sábado 28 de decembro de 2019 fixemos a presentación do proceso e as actividades de 2019, e do libro "Hai que andar".


Estivemos vendo os vídeos e a documentación das actividades. Podes velas nestas ligazóns:

Retratos de Vilachá
Paseo pola fauna e flora
Primeira andaina das historias de Vilachá
Encontros de costura creativa
Segunda andaina das historias de Vilachá
Mapeando a parroquia
Visita aos petróglifos


Despois presentamos o libro que ten a colleita de historias do 2019, titulado: Hai que andar.
Limos algúns fragmentos do libro e foi regalado a todas as persoas que participaron no proceso e que asistiron ao acto.



Finalizamos tomando algo e conversando entre as veciñas e as persoas que asistiron.



 

22 dic 2019

Cartel e convocatoria da Presentación Historias de Vilachá 2019

Convocámosvos o vindeiro 28 de decembro na escola de Vilachá, ás 18:00 horas, para a presentación das actividades do 2019 e do novo libro "Hai que andar", que recolle as historias do 2019.

No acto xuntarémonos a falar, a ver os videos das actividades, e esperamos ter un pequeno piscolabis ou algo para tomar.

Como o ano pasado o libro regalarase a todas as participantes do proceso e ás que acudan ao acto de presentación.

cartel presentacion 2019 C WEB


3 dic 2019

"Mulleres con historia", proceso e libro


O libro “Mulleres con historia” é o resultado material dos obradoiros de Igualdade impartidos por Vanesa Castro e a Asociación Rural Contemporánea dentro do programa de sensibilización para promover a igualdade no Concello de Monfero.
Participaron 24 persoas, 22 mulleres e 2 homes, nun total de 10 sesións en diferentes lugares do Concello: Cámara Agraria (Rebordelo), Portal de Entrada ás Fragas do Eume (Mosteiro de Monfero), e dous locais privados de Xiao (Alto do Xestoso).


Durante os obradoiros valoramos e recoñecemos o traballo das mulleres ao longo da historia. Mulleres anónimas e loitadoras que traballaron dentro e fóra da casa, no campo e cos animais, e noutro tipo de traballos, como sacar adiante negocios.
Reflexionamos sobre a desigualdade debida ao xénero nun entorno próximo como é o familiar. Sensibilizámonos sobre as dificultades que atopan as mulleres no ámbito familiar e laboral. Coñecemos os traballos que realizan as mulleres próximas ás nosas vidas.

Reflexionamos sobre os cambios que se produciron na relación traballo - muller.
Tamén vimos como moitos traballos que históricamente foron masculinos son ben desenvolvidos por mulleres, e ao contrario, outros traballos relacionados cos coidados, históricamente asociados ás mulleres, son agora ben desenvolvidos tamén por homes.
Debatemos e recoñecemos a igualdade do home e da muller ante o traballo, que sempre depende das condicións de cada persoa independentemente do seu xénero.
Reflexionamos sobre cal é a realidade máis próxima a nós e como podemos contribuir a cambiala. Fixemos unha autocrítica para darnos conta de como ás veces caemos en certos prexuízos que teñen que ver co xénero.


Fomentamos o interese por coñecer a realidade a través de diferentes fontes: a conversa, a transmisión oral, a entrevista, a posta en común e o debate, os relatos, a lectura, as imaxes, os retratos..., facendo visibles ás mulleres das nosas vidas e do concello.
Visibilizamos ás mulleres das nosas vidas e ás do propio concello a través da publicación dun libro, Mulleres con historia, do que as persoas participantes son coautoras. Prácticamente todas as participantes quixeron formar parte do libro.
Reflexionamos sobre a historia, sobre quen escribe a historia.


Cada unha das participantes tivo o seu espazo de liberdade e de poder, na súa parte do libro. Entedimos a diversidade, as distintas visións da memoria.
As persoas participantes foron e son axentes activos, tanto en cada unha das sesións, como na difusión do libro. Nas distintas dinámicas, unhas e outras prestáronse axuda, algunhas participantes recolleron o relato doutras, déronse ánimos e compartiron historias das mulleres importantes nas súas vidas.
Destaca o sentimento compartido da necesidade de ter máis tempo, máis horas para xuntarse neste tipo de obradoiros e encontros, nos que compartir e aprender tanto, unhas das outras.



O libro está editado por Vanesa Castro, e maquetado e ilustrado por Iñaki López, con debuxos que parten de fotos reais das protagonistas.


Publicamos unha tirada de 110 exemplares, repartidos na súa maioría entre as participantes. A cada unha das persoas coautoras déronselle tres libros. Un para ter como patrimonio da súa casa, outro para emprestar e outro para regalalo. Ás que participaron nos obradoiros e non na coautoría do libro, démoslle un libro.
Dezasete libros, quedan en depósito no Concello para ser distribuídos entre axentes locais, como pode ser a escola do Xestal. Catro libros, distribuídos a través do Depósito Legal, para os seguintes centros: Biblioteca Nacional de España, Biblioteca de Galicia, Biblioteca Pública da Coruña “Miguel González Garcés”. 
Se estas interesado en consultar o libro ponte en contacto connosco enviando un e-mail a hola@ruralc.com




1 oct 2019

O libro "Historias de Miño"

O libro é unha publicación que forma parte do proceso "Historias de Miño", iniciado no 2017.
Un proceso de cultura de base que ten como obxectivo poñer no centro da cultura ás persoas veciñas e as súas vidas, facelas protagonistas e creadoras de historias ligadas ao seu territorio.
As historias foron recollidas en todas as parroquias do concello de Miño, entre setembro de 2017 e decembro de 2018, a partires de derivas, visitas e conversas polas casas, rueiros e centros sociais.
Na web de Historias de Miño podes ver todas as historias, ilustracións, fotografías relacionadas, un mapa coas historias situadas e máis información.





O libro está producido e autoeditado pola Asociación RuralC.
Escrito por Vanesa Castro e Iñaki López.
Maquetación, deseño e ilustracións, por Iñaki López.
Edición por Vanesa Castro.
Tamén contamos coa colaboración de Lourdes Rodríguez Freire.

No libro pódense atopar historias sobre a cultura, o patrimonio etnográfico, antropolóxico e natural, as praias, a ría, o mar. Sobre o xeito de vivir da xente antigamente, os hábitos, os oficios e os traballos, as crenzas, os animais e os cambios sociais e tecnolóxicos.

O libro publícase nunha edición de 150 exemplares. Dos cales regálanse uns 50, repartidos entre as persoas e familias que participaron directamente, os centros sociais de cada unha das parroquias, asociacións veciñais, como a asociación de amas de casa de Miño ou a asociación de veciños a Irmandade, de Bemantes.
Tamén regálase as Bibliotecas Municipais (de Miño e Pontedeume), Biblioteca Nacional, Biblioteca de Galicia, Depósito legal, e outras entidades e fundaciones.
Os demais están a venda contactando coa asociación, ou nas librerías de Miño, Betanzos e Pontedeume, a partires do día 28 de Setembro do 2019.

Se estás interesada en adquirir un libro, contacta por mail con: hola@ruralc.com



O sábado 28 de Setembro presentamos o libro no centro social da Rúa de Miño. Ao acto acudiron persoas veciñas, algunhas delas protagonistas das historias, outras que colaboraron no proceso e moitas outras interesadas. 
Limos as historias e comentámolas. Falamos da negativa do actual equipo de goberno para continuar colaborando neste proceso cultural. Tamén falamos do futuro do proceso e da súa continuidade, así como de futuras actividades relacionadas coas historias.

Durante os seguintes días entregamos os libros ás veciñas participantes que non puideron vir ao acto de presentación, visitándoas nas súas casas e nos locais sociais das distintas parroquias.


Foto coas veciñas de Bañobre.


12 jun 2019

"Compartir la naturaleza" de Joseph Cornell, La Traviesa Ediciones.


Basado en la serie de los famosos libros Vivir la naturaleza con los niños, una auténtica revolución mundial en el campo de la educación en la naturaleza, este nuevo trabajo de Joseph Cornell es un práctico manual de juegos y actividades al aire libre que recoge los juegos más populares y aporta una gran cantidad de nuevas actividades.

COMPARTIR LA NATURALEZA es un libro ideal para familias, centros educativos (educación formal, pedagogías alternativas y educación ambiental), centros de formación de profesionales del medioambiente y educación ambiental, organizaciones ecologistas, asociaciones juveniles, centros de animación sociocultural y tiempo libre u otros colectivos.

Esta obra atesora el bagaje de más de 35 años de trabajo en todo el mundo, formando a miles de docentes, a profesionales del medioambiente y la educación ambiental en la naturaleza, y organizando actividades para familias a través de Sharing Nature Worldwide. 

Gracias a su metodología del Aprendizaje Fluido (Flow Learning™), cualquiera —sea profesional o no— puede ayudar a otras personas a reconectar con la naturaleza de manera profunda y significativa.

La secuencia metodológica se desarrolla en cuatro pasos progresivos:
1. Despertar el entusiasmo, para captar el interés.
2. Enfocar la atención, para conseguir un estado de atención y receptividad.
3. Ofrecer una experiencia directa, para posibilitar experiencias inmersivas en la naturaleza, utilizando todos los sentidos.
4. Compartir la inspiración, para transformar la experiencia y el aprendizaje en recuerdos profundos y duraderos.


También se favorecen momentos de alegría serena que llevan a maravillarse ante la naturaleza y a despertar nuestro sentido del asombro. Todo ello dejará huellas imborrables en nuestra memoria y nos ayudará a sentir y comprender cuál es nuestro verdadero lugar en este mundo. Pero hay más, porque «el simple contacto con la naturaleza no basta»: Es necesaria una verdadera consciencia, que nos lleve a empatizar con la vida y a amarla. A través de actividades vivenciales, la mente y el corazón son estimulados conjuntamente. Como dice Joseph Cornell: «aprender con el corazón».

Las actividades no solo están dirigidas a niños, niñas y adolescentes, sino que también son idóneas para personas adultas, incluyendo a las personas mayores, para las que el efecto restaurador de la naturaleza también es enormemente beneficioso.

Además, son utilizadas con excelentes resultados en los programas de formación y sensibilización dirigidos a profesionales de la gestión y tutela del medio natural, como especialistas de la industria forestal, guardas forestales, agentes de medioambiente, responsables de parques y jardines, etc.

Gracias a este libro, al método y las actividades que propone, se favorece el conocimiento de la naturaleza y se ayuda a restablecer una conexión profunda, afectiva y gratificante con ella, un sentimiento de comunión con todas las formas de vida… Y, en definitiva, a fomentar una mayor conciencia ecológica.


Más info en:
https://latraviesaediciones.es/compartir-la-naturaleza/

y más info sobre la editorial en su web: https://latraviesaediciones.es/

2 ene 2019

Emilio Arauxo. Espantallos e felos.

Andabamos buscando documentación sobe espantallos, e tamén sobre o Entroido, especialmente sobre a figura do farandulo ou choqueiro, pero non as máscaras nin as pantallas, os vulgaris.

Foi Diego Vites no marco da preparación do III Foro Negro quen nos falou e nos deixou uns libros de Emilio Arauxo . É un escritor, etnógrafo, editor e tradutor galego. Licenciado en Filosofía, foi profesor de Filosofía no ensino medio. En 1995 fundou a editora Noitarenga. En 2001 fundou unha nova editora, Amastra-N-Gallar. Actualmente reside en Lalín.

Nos libros podemos atopar testemuñas diversas, de todas as idades, nunha lenguaxe coloquial, respeitando os dialectos e xeitos de falar de cada lugar. É un traballo que vai rozando moitas disciplinas, pasa pola antropoloxía e a etnografía, pero vai figurando poesía, patafísica, filosofía, tamén documentalismo, pode servir como manual práctico na construcción de espantallos, roupas para vestir no antroido, ou dinámicas festivas e rituais.

Gustounos especialmente o seu libro "A roupa gastabámola escura" que trata sobre a construcción e vida dos espantallos.
 
No libro da a sensación de que vai polas casas preguntando a xente polos seus espantallos. Vai recollendo testemuñas diversas que nos van falando de todo o que rodea aos espantallos, os cultivos e a súa protección, os traballos, os diversos animais aos que teñen que espantar,  a reciclaxe e uso de obxetos e roupa vella, a invención, a vontade de caracterizar ao personaxe ao tempo que facer unha cousa rápida e funcional, e moitas outras pinceladas das vidas das persoas e os seus espantallos.  

Eiquí hai unha camisa, deitáronse os gatos e ten pelos, eiqui hai unha chaqueta, hai unha gabardina, pero a gabardina pesa moito, a chaqueta xa a botei, eiquí había un pantalón, pero pra pantalón tiña que ter dúas pernas, e hai un xersé, comeulle o sol a cor, amais o xersé era novo, non sei onde haberá un pano de cabeza, había eiquí un couso, pra lle poñer de gorro, eu que sei,...

Está quieto na palleira, pra que queres o espantallo?, nós eiquí fanse de calquera maneira.

A roupa que luce é branca ou estampada, pero nós gastabámola escura porque andabamos sempre no traballo, e a branca é pros que non traballan, se non andas cheo de merda toda a vida, e a escura é máis sufrida, hia quen lle pon coma un pano na cabeza, púxenlle o pantalón primeiro, e despois a camisa, e despois a bata, porque pra lle poñer roupa máis pequena di mal, o pantalón ten remendos, deille unha puntada didiante, no pescozo, pa que non dixese escotado, por iso traio a agulla na bata, leva pantalón e unha bata por riba.

Haberá ate que metelos na cama.

Eu falo con il todos os días, dígolle; sempre estás no mesmo.

... fixen un espantallo, non moi técnico, e estábao colocando debaixo da guindeira, e un paxaro, el ou ela, estaba comendo nas guindas na cima da árbore, e dixen eu: bon, quedar queda aí, pero pasei o tempo, é que había dous espantallos, o espantallo en si e o que o poñía.

Tamén ten escrito sobre o entroido e todo o que lle rodea, especialmente a figura do "felo" en libros como:


No retrato dos alustros. O entroido na ribera de Caldelas e máis arriba.
Un libro para viaxar unha miga na orella de nube de palabra felo. E dous eixes de mundo, dous entroidos, o de Lumeares e o de Parada do Sil, que renacendo veñen marcar a luz do ceo como preceptos de pensamento. Lumeares na precisión rugosa da noción de madama, viaxe nas trasgadas da palabra felo, da palabra irrio, da palabra irria, felos, irrios, madamas, buscando un pregue inédito na melancolía do olvido. Noutro renacemento de ruralidade, os anxeos de Parada do Sil, coma unha cuadrilla de heresiarcas na porfía poética de enumerar as ameazas. Escribindo no aire esbaxoado as frases da revisitación e das despedidas, e a rente do chao, co ruído descritivo da motoserra mordendo nas canelas, dándolle voz ós versos de Philippe Beck, cando se fala dunha árbore que segue de pé, estase a falar dunha árbore preasasinada, as follas son linguas que aínda non empezaron a falar. E tantas pedras aínda impensadas. 



Libremente (felos sempre serra) 
Máscaras non aureáticas, que se dirixen á xente, dunha constancia perturbadora e tan estrañamente próxima (Philippe Beck). Os felos, que nos lembran que o mundo non dá voltas sen a loucura. os felos lémbranme o baile nupcial dos paxaros (Helena Eriksson). Rosalía tamén é unha nena fela (lupe Gómez). A máscara do felo parécese moito á do heroe de V de Vendetta, o vencello entre as dúas máscaras sería Xusto: inversión, ambigüidade, fusión dos contrarios nunha cara (David Lespiau). As cores dos felos sonorizan a vista neste espazo do que o silencio é un aspecto (Bernard Noel). O felo é a figura do tolo. É o tolo tolo. Os pompóns. A loucura pasa polos pompóns (Martín Melkonian). O entroido aquí é: nin comercio, nin policiía, nin aplausos (Pierre Le Pillouer). A xénese matricial da máscara dos Felos de Maceda áchase no corazón da Serra de San Mamede (Santiago Prol). A máscara non instaura unha distancia, senon que crea outra proximidade (Claude Royet-Journoud). Os felos teñen o mérito de ser máis ambiguos ca outras figuras do entroido. Ademáis o felo é máis amizoso(James Sacré). Os felos, para agarrar as nosas pernas e os nosos pescozos, que esquecen tan a miúdo o berro libre do animal (Christiane Veschambre). 





Pzoema zamarrada peliqueiro. 
Brevísimo de máis voces murmurio dicionario ENTROIDO DE LAZA.

E O tempo que fala, o tempo dos felos, un libro de fotografias cheas de emocións sobre os felos.













19 dic 2018

16 nov 2018

'España a mano / Handmade Spain' Guía de Artesanía española





Editorial La Fábrica publica España a mano un volumen a modo de guía, creado en colaboración con Cervezas Alhambra, en el que se recorre la artesanía de nuestro país con una cuidada selección de talleres y empresas de artesanía.
España a mano (La Fábrica, 2018) es la primera guía que recoge en un único volumen una selección de los mejores ejemplos del trabajo artesano en nuestro país. Profesionales, empresas centenarias y otras de reciente creación reunidas en una guía que incluye 83 espacios de 16 comunidades autónomas.

Se trata de una obra que, como señala la investigadora y directora del proyecto Macarena Navarro-Reverter, “reivindica un lugar de honor para los artesanos en el universo del diseño, pues en los objetos hechos a mano reside la esencia del lujo”.
La relación entre artesanía y diseño es uno de los ejes en torno a los que se ha construido este trabajo, que ofrece la oportunidad de descubrir una nueva dimensión de la artesanía. Un vínculo que se hace también visible a través de los textos que introducen cada una de las secciones del libro, firmados por profesionales del diseño, el arte, la arquitectura y la gastronomía, como Martín Azúa, Paloma Cañizares, Nacho Carbonell, Teresa Sapey, Álvaro Catalán de Ocón, Pedro Feduchi, Gonzalo Fonseca, Raquel Rodrigo y Federico Oldenburg.

España a mano, que se presenta también como una guía de viaje a través de la artesanía local, busca revitalizar la artesanía local, poniendo también en valor aspectos como su carácter sostenible y, como señala Navarro-Reverter, “ofrecer a las nuevas generaciones un medio de vida que les haga partícipes de su tradición y de su historia”.
El libro, creado en colaboración con Cervezas Alhambra, nace con la misión de potenciar la proyección de futuro de los artesanos y ayudar en el acercamiento de la artesanía contemporánea a un público más extenso.

En definitiva, se trata de un viaje por nuestra mejor herencia cultural a través del trabajo de orfebres, ceramistas, vidrieros, tallistas o artesanos textiles, que tienen en común su compromiso con la calidad, el trabajo hecho a mano y la preservación de nuestro patrimonio cultural, todo ello a través de la tradición, que han sabido conservar sin renunciar a la vanguardia.

https://www.20minutos.es/noticia/3345632/0/espana-a-mano-guia-artesania/





11 mar 2018

Selección de Libros / Biblioteca Rural Contemporánea

        
La cultura que hace el paisaje. Escritos de un naturalista sobre nuestros recursos de montaña. 
Pedro Montserrat Recoder, 2009.

Naturaleza, paisaje, agroecología, tradiciones, memoria, ganadería, poesía, futuro, pasado y presente del medio rural en algunos libros aquí recomendados.


Las canciones de los árboles. Un viaje por las conexiones de la naturaleza.
David George Haskell, 2017.

El futuro es vegetal
 Stefano Mancuso, 2017.

Reino animal
Jean-Baptiste del Amo, 2017.

Una casa en Walden, sobre Thoreau y cultura contemporánea
Antonio Casado da Rocha, 2017.

Vidas a la intemperie. Nostalgias y prejuicios sobre el mundo campesino
Marc Badal, 2017.

Cuaderno de campo
María Sánchez, 2017. 
http://labellavarsovia.blogspot.com.es/2017/02/cuaderno-de-campo-maria-sanchez.html

[Desenterrando el silencio] Antoni Benaiges, el maestro que prometió el mar.
Varios autores, 2016.
https://blume.net/catalogo/1016-antoni-benaiges-el-maestro-que-prometio-el-mar-9788498016949.html

La vida secreta de las plantas
Peter Tompkins y Christopher Bird, 2016.
http://capitanswing.com/libros/la-vida-secreta-de-las-plantas/


Pan de Pueblo
Ibán Yarza, 2017.
https://elcomidista.elpais.com/elcomidista/2017/10/25/articulo/1508934687_264684.html
https://www.directoalpaladar.com/ingredientes-y-alimentos/iban-yarza-publica-el-esperado-pan-de-pueblo-he-visto-panes-que-pense-que-ya-no-existian-diadelpan

Atlas Ilustrado Pueblos de España
Varios autores, 2014.
http://www.editorialsusaeta.com/venta-libros.php?editorial=Susaeta&ref=S0851173&id=57771

Otros libros de temática rural y reseñas en el interesante blog de Mallata:
 http://mallata.com/?p=2573

y otra muy buena selección en el blog de libros y aguardientes de José Pastor:
https://librosyaguardientes.blogspot.com/2018/03/visiones-novelas-ensayos-poemas.html