Mostrando entradas con la etiqueta RC Monfero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RC Monfero. Mostrar todas las entradas

27 may 2023

Proxecto Ríos no Rego do Candedo. Maio 2023

O sábado 27 de maio fixemos novamente a actividade "Coñecendo os nosos ríos" en colaboración coa asociación Euroeume.

Podedes ver tamén a entrada á actividade de custodia do río no ano 2021 e no 2022.

Voltamos ao rego do Candedo, pero esta vez noutro tramo do río, un pouquiño máis adiante.

Quedamos no Piñeiro, Vilachá. Primeiro demos un paseo para ver a intervención que estamos a facer no Outeiro, recuperando o lugar e transformando o que era un bosque de eucaliptos nun ecosistema máis rico, prantando diversidade de árbores e arbustos e facendo lugares para que as persoas e animais poidamos estar.

Despois seguimos o paseo até chegar a un prado no río. Fomos diferenciando árbores e paxaros, recoñecendo a fauna e a flora. E no río, observamos o hábitat e fixemos unhas medicións e análises, de caudal, ph, nitratos, velocidade da auga. Observamos e anotamos todas as especies que atopamos vivindo no río, entre elas a ra ibérica, especie protexida.

E a continuación, algunhas imaxes do pasado sábado

 




















 


30 abr 2023

Curso de xestión de asociacións

 

Este ano, como no 2022, volvemos impartir xunto a asociación Euroeume o curso para asociacións. Nas aulas de informática do Concello de Pontedeume.

Orientado para a actualización dixital das asociacións, non soamente no referente a certificados e trámites administrativos, senon tamén de cara a presentarse e acadar finanzamento, subvencións, e traballar os dossiers, a comunicación interna e externa das asociacións e a súa dinamización no territorio e nas redes.

 



 

 



19 abr 2023

Entrevista en la Cadena SER sobre el proyecto SEEDS

 



El lunes 17 de abril entrevistaron a Vanesa Castro en la radio de la Cadena SER de Ferrol para saber algo más sobre el proyecto SEEDS_medios para una práctica del arte sostenible.

En este enlace, podéis escuchar la entrevista completa.

10 abr 2023

“SEEDS_ medios para una práctica del arte sostenible” Convocatoria Abierta

 


 “SEEDS_ medios para una práctica del arte sostenible” es un proyecto que combina dos campos principales de acción: Arte y Sostenibilidad. 


El objetivo principal es reunir a artistas de todas las disciplinas que participarán en residencias en las que compartir conocimientos y adquirir habilidades para la creación de materiales y herramientas artísticas desarrollados a través de técnicas y metodologías sostenibles.
Este proyecto albergará a 12 participantes de diversas nacionalidades, géneros y etnias, elegidos por las organizaciones asociadas. Las residencias artísticas incluyen diferentes talleres y sesiones de tutoría con personas formadoras y facilitadoras, que enseñarán prácticas de arte sostenible con técnicas que se pueden utilizar principalmente en las artes plásticas (dibujo, pintura, impresión y escultura), utilizando únicamente materiales respetuosos con el medio ambiente que no generan residuos. 

Estos talleres serán seguidos por períodos de producción libre, donde las artistas intentarán desarrollar sus proyectos utilizando las habilidades adquiridas.
Durante el proyecto, tendrán la oportunidad de compartir su trabajo en exposiciones y presentaciones. 

Con el fin de concienciar sobre los problemas ambientales, no sólo entre las personas participantes, sino también entre las comunidades donde se realizan las actividades, y para llegar a un público más amplio, se desarrollarán actividades y eventos que desafían a las participantes a compartir y difundir el conocimiento sobre las práctica de arte sostenible.  Esto incluye 3 exposiciones en Portugal y dos intercambios de conocimiento y experiencias con las comunidades locales en Eleusis (Grecia), y en Monfero (España).


¿Quién se puede presentar?

Artistas visuales de 18 a 30 años de edad. Con o sin titulación, graduados o iniciando sus carreras, de Portugal, España y Grecia, con motivación para aprender, experimentar, crear y debatir sobre posibles alternativas para una práctica artística más sostenible.
Animamos a artistas que trabajan las artes plásticas y por extensión a cualquier forma de arte relacionado. Debe tenerse en cuenta que los talleres priorizarán el dibujo, la pintura, la escultura, la instalación y la cerámica.
Los dúos también son bienvenidos y pueden participar en la convocatoria.

¿Cómo participar?

Las solicitudes deben enviarse aquí: https://projectseeds.eu/

Descarga y lee atentamente el documento "Artist Residency Call for Applications"

Rellena el formulario de solicitud en la web y sube los siguientes documentos (todos en inglés y en un único archivo, PDF) :

  • Curriculum Vitae.
  • Una carta de motivación (máx. 500 palabras).
  • Dossier con los trabajos más representativos (incluyendo imágenes, vídeos, enlaces de música, fotos, textos, etc.).
  • Carta de compromiso firmada (descarga una plantilla en www.projectseeds.eu).


*Evaluamos cada propuesta en su conjunto. Damos prioridad a artistas que ven en SEEDS una oportunidad importante para desarrollar su trabajo.

¿Qué incluye?

  • Acceso a todas las fases del proyecto y a las actividades que lo componen, sesiones teóricas y prácticas, visitas de estudio y exposiciones.
  • Gastos de viaje de ida y vuelta desde el lugar de origen de los participantes a los lugares de las actividades.
  • Alojamiento.
  • Comidas.
  • Materiales y herramientas básicas para las actividades.
  • Beca para materiales utilizados en proyectos personales (100 € por residencia artística en Portugal).
  • Dinero de apoyo (5 € cada día de participación en el proyecto).
  • Transporte de las obras desde las residencias artísticas de la fase I hasta las exposiciones locales (Albergaria-a-Velha y Montemor-o-Novo) y la exposición final (Lisboa).

Plazo de presentación de solicitudes y Resolución

  • Plazo de solicitud: 10 de abril > 16 de junio de 2023, 23:59 CET
  • Entrevistas a los artistas preseleccionados: 17 - 27 de junio de 2023
  • Resultados finales: entre el 3 y el 7 de julio de 2023


Actividades y Cronología

FASE I – Residencias Artísticas y Exposiciones Locales.

  • Del 1 al 28 de septiembre de 2023 en Quinta das Relvas (Albergaria-a-Velha, Portugal).
  • Del 1 al 28 de octubre de 2023 en Oficinas do Convento (Montemor-o-Novo, Portugal).


FASE II - Actividades de participación de la comunidad y difusión del proyecto.

  • Del 29 de febrero al 6 de marzo de 2024 en Chorus (Eleusis, Grecia).
  • Del 7 al 18 de marzo de 2024 en Rural Contemporánea (Monfero, España).


FASE III – Exposición final y otros resultados de difusión.

  • Mayo 2024 – Lisboa, Portugal



Más información sobre la convocatoria aquí.
MÁS INFO: por mail a info@projectseeds.eu // https://projectseeds.eu

Otras informaciones útiles
Más sobre Quinta das Relvas: www.quintadasrelvas.pt
Más sobre Oficinas do Convento: www.oficinasdoconvento.com
Más sobre Rural Contemporánea: www.ruralc.com
Más sobre Chorus at: www.chorus.org.gr






13 mar 2023

X Encontro de troco da Rede Galega de Sementes 2023

O pasado 11 de Marzo do 2023 participamos no X Encontro de troco da Rede Galega de Sementes 2023

Participamos tanto na producción do evento xunto a compañeiros/as da comarca, como na creación do cartaz:

  

Tamén actuamos coa coral veciñal Fauna e Flora:



Esta formación, que ensaia na nosa sede de RuralC de Monfero, está formada por veciñas de Monfero e concellos colindantes. Presentan cancións de corte tradicional vencelladas á vida rural de antes e de agora. Moitas das pezas son versións de cancións tradicionais coas letras cambiadas ou actualizadas. 

Algunhas das súas pezas poden atoparse no disco TRADITRONICS2

Aquí podedes ver unha das pezas: La Juana.



 

cartaz por Iñaki López

3 feb 2023

Vanesa Castro, conferenciante na VI CONFERENCIA ESTATAL DA CULTURA. València

 

Dende o 1 ao 3 de febreiro de 2023, celebrouse en Valencia a VI CONFERENCIA ESTATAL DA CULTURA, baixo o lema, Retos da xestión cultural actual: innovación, accesibilidade e sostenibilidade.

Vanesa participou como conferenciante na mesa redonda: “Cultura baixo o radar. Modelos emerxentes”.

 

Deixámosvos aquí o pdf co que fiou a súa conferencia.
 

25 ene 2022

La joya en ruinas. Monasterio de Santa María de Monfero.

Como sabéis llevamos tiempo realizando actividades entorno al BIC Monasterio de Santa María de Monfero. En el 2021 realizamos 2 paseos guiados y una romería por el entorno de este BIC, también colaboraciones en las investigaciones de vecnios/as y socios/as de Asoc. Amigos/as do Mosteiro.

Os dejamos el vídeo de informativos la sexta:


Y el de la última visita guiada gratuíta.


3 dic 2021

Mobiliario para as actividades no exterior en RuralC Monfero

O investimento do ano 2021 vai dirixido a ter un lugar ao aire libre onde reunirnos e desenvolver as actividades e encontros da asociación. A covid-19 mudou a forma de relacionarnos, e durante o 2020 vimos a necesidade de ter un espazo destas características para desenvolver algunhas das nosas actividades, e non facelas soamente en espazos pechados. Nas cidades hai parques e espazos exteriores nos que facelo. Aquí, nas aldeas, temos montes e leiras, e cando queremos sentarnos ou pararnos a falar, é sempre nunha cuneta, nun prado, ou nunhas pedras dun valado. Fixemos este investimento para ter ese lugar no que parar, e continuar a traballar en relación co territorio.

O proceso parte dunha proposta de deseño dun monte via a productora Fur Alle Falle en Monfero. Ese deseño dun monte é un proceso continuado no tempo, no que se traballa o espazo por zonas, as árbores e plantas, e os camiños e sendas. 

Nunha segunda fase entrou a colaborar a arquitecta Iria Varela que diseñou o moble. 

 


Na tercera fase buscamos un lugar onde poñer o moble e traballamos ese lugar co traballo voluntario de persoas socias veciñas do lugar. 




Logo entrou no proceso o carpinteiro Douglas Birkett, tras ter esperado meses por outros carpinteiros. Foi un dos primeiros que tíñamos en mente pois coñecíamos o seu traballo en casa doutras veciñas, pero daquela (principios de nao) andaba moi ocupado. Asi que foi unha sorte que estivese libre ao final do verán para traballar connosco. Con Douglas realizamos o moble e a súa instalación. Cortado das pezas, protección con lasur, preparación da base, instalación e anclaje, e acabado.

 



O moble foi acabado de instalar o dia 2 de Novembro, con doble capa de protección e o espazo do redor recollido. O lugar ainda segue en proceso. Téñense plantado diferesntes especies de frambuesa, mora, arandos solvestres, cerdeiras, freixos. Ten un traballo importante de manteñemento de sendas e espazos, limpeza de toxos, silvas, rebrotes de eucaliptos, etc.

As actividades que fixemos en Outubro Novembro foron:
  • Encontro sobre memoria e coñecemento do territorio..
  • Lectura de historias de Vilachá e obras relacionadas coa antropoloxia e a cultura do territorio.
  • Encontro nocturno - Historia das estrelas
  • Piqueniques e conversas.




23 oct 2021

Liberamos o Arquivo MapasMDN

Dende o grupo de Mapas de MonferodiNON liberamos o arquivo “Mapas_ MonferodiNON. kmz” que contén información sobre 111 parques industriais eólicos e fotovoltaicos e as súas infraestruturas de evacuación ou LAATs cuxos Documentos de Inicio ou Estudos de Impacto ambiental revisou o grupo desde Maio. 73 destes polígonos insdutriais están en Galicia, tamén contén datos de 19 Aragón, 5 en Asturias, 12 en Cantabria e 6 Castela León.




O arquivo contén información sobre patrimonio natural protexido, patrimonio cultural e arqueolóxico. Ofrece unha visión panorámica do desenvolvemento das “enerxías renovables” en Galicia e outras comunidades, e como afecta as zonas rurais e os seus habitantes. Permite ver a cantidade de proxectos fragmentados e establecer relacións entre os parques industriais e os trazados das infraestructuras de evacuación. Mostra como se proxectan sobre as reservas da biosfera de Galicia, ou rodeando o parque natual Fragas do Eume. 

Conta cos parques de eólicamarina de Ortegal e os clusteres de Aragón, con LAATS de centos de kilometros sobre espazos naturais protexidos.


Con este arquivo, é posible recrear vistas 3d de como quedarían os muíños desde calquera lugar, tamén medir distancias ás casas, patrimonio, traídas de auga, ou núcleos que quedan dentro de poligonales ou preto das infraestruturas.

O arquivo https://tinyurl.com/mapasMDN pódese executar en Google Earth Pro para navegar en 3D ou en programas similares.

Para acceder á información detallada de cada parque industrial visitar a web:
https://mapaseolicos.wordpress.com

O sistema utilizado baséase en utilizar Notebooks python e está pensado para executarse na plataforma Colab de Google, de xeito que non é necesario instalar nada no ordenador.
Por outro lado, temos un novo modelo de folla de cálculo sobre a que escribir os datos.
Máis info na entrada: https://mapaseolicos.wordpress.com/2021/10/23/mapasmdn/

e no repositorio:
https://github.com/monfero/eolicosasinon

 

 

 

16 sept 2021

"Castañas da Curripa" Fase 0

 


Hoxe, 16 de Setembro, fomos visitar unha das curripas que custodian a Asociación Bétula
A visita forma parte da fase 0 do proxecto "Castañas da Curripa" que consiste en facer castañas curadas nas curripas dos soutos das Fragas do Eume.
O obxectivo principal é recuperar a práctica e o coñecemento entorno á castaña conservada en curripa. Os obxectivos secundarios son publicar os resultados obtidos da investigación, compartilos e realizar actividades entorno a esta práctica e produto.
Tras facer o proceso de restauración da curripa e curado, as castañas extraídas serán analizadas por un equipo mixto no que participarán informantes, persoas do equipo do proxecto e degustadoras profesionais. 

O proxecto ten diversas fases. Vai desenvolver paraleamente unha investigación e un traballo de recopilación de memoria con informantes da zona e con material de arquivo.

Estamos sumando a colaboración doutras asociacións do territorio e desenvolvendo a primeira parte do proxecto. Traeremos máis novas.



26 jul 2021

Roteiro pola Serra de Queixeiro

Seguindo coa actividade do Club de Andar, o pasado sábado 24 de Xullo 2021 unímonos á Plataforma Monfero Di Non, e as asociacións: Amigos/as do Mosteiro de Monfero e Asociación de Veciños/as de Taboada, no roteiro polo alto da Serra de Queixeiro.

Un roteiro de dúas horas que arrincou en Leguas e chegou até o mirador de Caaveiro e a Fraga de despois, pasando polo Penedo Gordo e o Berce de San Rosende (patrimonio catalogado).

Líquenes, musgos e outras plantas da Serra de Queixeiro

Berce de San Rosende
Uns din que esta poza mana auga, outros que a auga está estancada, e soamente se renova coa choiva. Sexa como fora, mellor non comprobalo. Non hai tanto tempo que a xente viña a este berce a sanar as enfermidades. Conta a historia que unha vez un home quitou a auga toda, vaciouna, e caeron sobre el as mil maldicións, e moito padeceu até morrer.


Mirador de Caaveiro


13 jun 2021

Visitas ao Patrimonio arqueolóxico da Serra de Queixeiro (Monfero)

Os pasados días 11 e 20 de Xuño do 2021 fomos xunto a Asociación Veciños/as de Taboada , a asociación Amigos/as do Mosteiro de Monfero e a Plataforma veciñal MonferoDiNon, acompañados por arqueólogos da asociación Terra de Trasancos.

Visitamos numeroso patrimonio catalogado da Serra de Queixeiro, penas cruzadas, rochas con inscricións, con cazoletas, mámoas, etc. Incluso algún que non está actualizado no mapa do visor da Xunta.

Todo o patrimonio está no MAPA que fixo a Asociación Rural C para a Plataforma MonferoDiNON

Deixámosvos unhas imaxes dos roteiros e dalgúns bens catalogados: