Mostrando entradas con la etiqueta arqueoloxico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arqueoloxico. Mostrar todas las entradas

13 jun 2021

Visitas ao Patrimonio arqueolóxico da Serra de Queixeiro (Monfero)

Os pasados días 11 e 20 de Xuño do 2021 fomos xunto a Asociación Veciños/as de Taboada , a asociación Amigos/as do Mosteiro de Monfero e a Plataforma veciñal MonferoDiNon, acompañados por arqueólogos da asociación Terra de Trasancos.

Visitamos numeroso patrimonio catalogado da Serra de Queixeiro, penas cruzadas, rochas con inscricións, con cazoletas, mámoas, etc. Incluso algún que non está actualizado no mapa do visor da Xunta.

Todo o patrimonio está no MAPA que fixo a Asociación Rural C para a Plataforma MonferoDiNON

Deixámosvos unhas imaxes dos roteiros e dalgúns bens catalogados:


  


 

10 mar 2020

Visita aos petroglifos de Vilachá, Monfero.

O pasado sábado 7 de marzo fumos a visitar os petroglifos de Vilachá. A visita saiu como colaboración coa asociación Ardóbriga, asociación cultural para a protección do patrimonio, de Pontedeume. Eles tiñan interés en coñecer o patrimonio arqueolóxico da nosa parroquia.
Foi una bonita andaina nuha noite de lua casi chea.
Deixámosvos unhas fotos.