Mostrando entradas con la etiqueta roteiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta roteiro. Mostrar todas las entradas

12 oct 2021

Visita guiada ao Mosteiro de Monfero

Deixámosvos o cartel e video da visita polo Mosteiro de Santa María de Monfero do pasado día 10 de Outubro do 2021, no que participaron 46 persoas. O roteiro adentrouse nalgunhas partes da Iglesia e deu unha volta ao redor do mosteiro falando da historia, das costumes e das labores dos monxes da época.

Agradecemento especial a Arturo, o noso colega, guía e investigador de Monfero.

 




26 jul 2021

Roteiro pola Serra de Queixeiro

Seguindo coa actividade do Club de Andar, o pasado sábado 24 de Xullo 2021 unímonos á Plataforma Monfero Di Non, e as asociacións: Amigos/as do Mosteiro de Monfero e Asociación de Veciños/as de Taboada, no roteiro polo alto da Serra de Queixeiro.

Un roteiro de dúas horas que arrincou en Leguas e chegou até o mirador de Caaveiro e a Fraga de despois, pasando polo Penedo Gordo e o Berce de San Rosende (patrimonio catalogado).

Líquenes, musgos e outras plantas da Serra de Queixeiro

Berce de San Rosende
Uns din que esta poza mana auga, outros que a auga está estancada, e soamente se renova coa choiva. Sexa como fora, mellor non comprobalo. Non hai tanto tempo que a xente viña a este berce a sanar as enfermidades. Conta a historia que unha vez un home quitou a auga toda, vaciouna, e caeron sobre el as mil maldicións, e moito padeceu até morrer.


Mirador de Caaveiro


13 jun 2021

Visitas ao Patrimonio arqueolóxico da Serra de Queixeiro (Monfero)

Os pasados días 11 e 20 de Xuño do 2021 fomos xunto a Asociación Veciños/as de Taboada , a asociación Amigos/as do Mosteiro de Monfero e a Plataforma veciñal MonferoDiNon, acompañados por arqueólogos da asociación Terra de Trasancos.

Visitamos numeroso patrimonio catalogado da Serra de Queixeiro, penas cruzadas, rochas con inscricións, con cazoletas, mámoas, etc. Incluso algún que non está actualizado no mapa do visor da Xunta.

Todo o patrimonio está no MAPA que fixo a Asociación Rural C para a Plataforma MonferoDiNON

Deixámosvos unhas imaxes dos roteiros e dalgúns bens catalogados:


  


 

18 ago 2019

Primeira andaina das Historias de Vilachá

.

O pasado sábado 17 de Agosto fixemos a andaina das Historias de Vilachá.
A actividade consistiu nun roteiro polos lugares emblemáticos onde suceden algunhas das historias e relatos que aparecen no libro publicado no 2018, facendo lectura dos relatos nas paradas.
Formamos un grupo de 19 persoas, a maioría veciñas da parroquia. A actividade foi dinamizada por Vanesa Castro, veciña da parroquia e axitadora cultural.


Comezamos no Cruceiro, e acercámonos até o adro da Igrexa onde fixemos unha introducción lembrando as veciñas e veciños que xa non están con nós, e que forman parte da memoria viva da parroquia. Neste lugar lemos:  O velorio e as visitas, O enterro e A tortilla.


Partimos até o Loureiro, paramos na casa de Consuelo, e recordámola. Lemos A madeira, As papas de fariña, Odín, e Eras boa para ser cativo. Estivemos falando do pan branco de Vilachá, do maínzo para as papas, e das sementes autóctonas.


A seguinte parada foi no cruce das brañas embaixo do Feal. Alí falamos das granxas de vacas, e lemos As vacas, A visita e As flores das brañas.


Continuamos até a ponte que vai de Goente ao Casal, onde lemos O río, As troitas e As pontes. E de ahí fomos bordeando o coto de Fradiz até baixar á ponte e ao muíño do Loureiro, lugar onde sucedeu A paga de Pascua e onde lemos tamén Os muíños.


Fomos até o Piñeiro e baixamos á antiga Presa de Rexo onde lemos A presa , O libro do indiano e O pedrazo. Aínda que comezaba a chover un pouco paramos na ponte do Piñeiro e estivemos vendo as antigas chantas e falando da pesca das troitas.


Logo tomamos o camiño para A lagoa, antigo campo de fútbol da parroquia, onde se coñeceron os primeiros balóns de coiro. Alí lemos A pelota de pau e estivemos rememorando onde estaban as porterías e onde se sentaba a xente a ver os partidos.
Tras dúas hora e media de camiñata fomos acabar ao Bar do Cruceiro, onde lemos algunhas historias relacionadas co Bar, como O teléfono, A radio e A tele.
Foi unha tarde de lecturas, aventuras, lembranzas e veciñanza.
Unha veciña comentaba, canto vou soñar esta noite.