Mostrando entradas con la etiqueta parroquia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta parroquia. Mostrar todas las entradas

3 ene 2020

Presentación Historias de Vilachá 2019 - Hai que andar

O pasado sábado 28 de decembro de 2019 fixemos a presentación do proceso e as actividades de 2019, e do libro "Hai que andar".


Estivemos vendo os vídeos e a documentación das actividades. Podes velas nestas ligazóns:

Retratos de Vilachá
Paseo pola fauna e flora
Primeira andaina das historias de Vilachá
Encontros de costura creativa
Segunda andaina das historias de Vilachá
Mapeando a parroquia
Visita aos petróglifos


Despois presentamos o libro que ten a colleita de historias do 2019, titulado: Hai que andar.
Limos algúns fragmentos do libro e foi regalado a todas as persoas que participaron no proceso e que asistiron ao acto.



Finalizamos tomando algo e conversando entre as veciñas e as persoas que asistiron.



 

21 oct 2019

Participación en Vermeled.

 
Vermeled es una romería de la luz, una intervención paisajística y un proceso de participación ciudadana, producidas por el arquitecto Xosé Suárez y el artista visual Juan Lesta.

Sucedió el pasado 19 de Octubre en las cercanías del embalse de Beche, Abegondo, A Coruña.

En el proyecto participó la gente joven y los mayores del municipio creando y recopilando historias locales relacionadas con la luz. También se realizaron talleres de creación en la clase de nuevas tecnologías de la escuela local, y se colaboró con las pandillas de jóvenes en los lugares del bosque en los que construyen sus cabañas.





«A idea era que os cativos soubesen que con material reciclado que atopen na casa, unha pila e un led poden construír o seu propio trebello» Juan Lesta.

Nosotras participamos desde Dio3stu (laboratorio de creación sonora) instalando dos dispositivos: el Pastor Táctil y el Arpa eólica.

En el siguiente video puedes ver una prueba del Pastor táctil:




En el siguiente se pueden ver elementos de la instalación de Juan y Xosé, la pirámide de leds flotante y otros triángulos colocados en el puente, así como el grupo de gente llegando al encoro/embalse.

Se escuchan las gotas de lluvia sobre la tanza del arpa, y se puede apreciar un poco el sonido del arpa eólica, en una noche en la que casi no tuvimos viento.




Os dejamos también algunas fotos.
Arpa eólica de 120 metros, de caseta a caseta, con piezo eléctrico.


Montaje de la pirámide flotante


Recogiendo con Roberto



En prensa:








6 oct 2019

Segunda andaina das Historias de Vilachá

Nesta segunda andaina de Vilachá estivemos 3 persoas. A data coincidiu casualmente con outros eventos na parroquia. Así que aló fomos. Comezamos no Cruceiro e fomos camiñando até O Pazo. Alí paramos e lembramos a casa do cura, que agora está tapada polas silvas e a maleza.


Despois fomos polo Regueiro, polo Penedo, polo Val, até chegar á Naveira.



Achegámonos a ver a "zona recreativa da Naveira", onde fai un tempo xuntábase algunha xente. Tamén ían celebrar o magosto nenas e nenos do colexio do Xestal. Actualmente está abandoado, aínda que persisten os columpios e case todo o mobiliario.

 

Metímonos por uns camiños até chegar a un souto que ten unha mesa, onde paramos a ler varias das Historias:

Eu quería ser de Torres
A festa era o camiño
Co cable da luz
Eras boa para ser cativo

 



Logo fomos polo Souto, polo Pedrón, e alí parámonos a ver o mar. Tiñamos unha tarde desas claras nas que se ve moi ben ao lonxe. Dende alí divisamos o Monte de San Pedro, a Torre de Hércules, e moitos outros montes e saíntes no horizonte.


Despois fomos para a Casanova, e antes de chegar á Fonte da Vila, collemos uns carreiros polo monte para ver se podiamos chegar até o Cruceiro sen ter que pisar a carretera nacional. E por alí fomos parar á carretera que vén do Porto, xa bastante preto do Cruceiro.
Aínda ficamos alí no adro da igrexa, falando un pouco até que se foi o último raio de sol da tarde.