Mostrando entradas con la etiqueta custodia del territorio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta custodia del territorio. Mostrar todas las entradas

27 may 2023

Proxecto Ríos no Rego do Candedo. Maio 2023

O sábado 27 de maio fixemos novamente a actividade "Coñecendo os nosos ríos" en colaboración coa asociación Euroeume.

Podedes ver tamén a entrada á actividade de custodia do río no ano 2021 e no 2022.

Voltamos ao rego do Candedo, pero esta vez noutro tramo do río, un pouquiño máis adiante.

Quedamos no Piñeiro, Vilachá. Primeiro demos un paseo para ver a intervención que estamos a facer no Outeiro, recuperando o lugar e transformando o que era un bosque de eucaliptos nun ecosistema máis rico, prantando diversidade de árbores e arbustos e facendo lugares para que as persoas e animais poidamos estar.

Despois seguimos o paseo até chegar a un prado no río. Fomos diferenciando árbores e paxaros, recoñecendo a fauna e a flora. E no río, observamos o hábitat e fixemos unhas medicións e análises, de caudal, ph, nitratos, velocidade da auga. Observamos e anotamos todas as especies que atopamos vivindo no río, entre elas a ra ibérica, especie protexida.

E a continuación, algunhas imaxes do pasado sábado

 




















 


22 may 2022

Coñecendo os nosos ríos. 21 de Maio de 2022

Seguimos coa custodia do regato do Candedo. Como fixemos o pasado ano. 

Este ano xuntámonos na primavera para seguir tomando datos do estado da auga e da fauna e flora da ribeira.





27 sept 2021

Coñecendo os nosos ríos. Regato do Candedo.



O pasado sábado 25 de Setembro fixemos a actividade "Coñecendo os noso ríos" coa asociación Euroeume e ADEGA.

Analizamos por primeira vez o regato do Candedo, en Vilachá. Monfero, que pasa pola sede da asociación. 

Participaron varias familias cun total de 30 persoas que axudaron a facer medicións relacionadas coa auga e o ecosistema do río, e a investigar a fauna e flora da contorna.

Continuaremos co análise na seguinte primavera.

Deixámosvos un vídeo resumen da actividade:

 

 #CoñecendoOsNososRíos  

"Historias de Vilachá" relacionadas:

https://historiasdevilacha.home.blog/2018/12/02/as-troitas/

https://historiasdevilacha.home.blog/2018/12/02/a-presa-de-rexo/