Mostrando entradas con la etiqueta curripa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curripa. Mostrar todas las entradas

24 oct 2021

A Peteleira de José de Ourovello

Seguimos co proceso das castañas curadas en curripas, ourizeiras ou peteleiras.

O pasado venres 22 de Outubro fomos até Ourovello (Paderne) aprender e falar con José, para que nos contase como lembraba el o que facían con todo o relacionado coa castaña e co seu aproveitamento.

Toda a info na entrada da web do proxecto: https://castanasdacurripa.wordpress.com/2021/10/22/a-peteleira-de-jose-de-ourovello/


19 sept 2021

"Castañas da curripa" restauración da curripa.


 

Como xa vos comentamos na entrada anterior (Fase 0), andamos co proceso de curado da castaña en curripas das Fragas do Eume.

Hoxe fomos restaurar a curripa un equipo multidisciplinar formado por veciñas e persoas das asociacións: RuralC, Asociación de Veciños/as de Taboada, EuroEume, e un arqueólogo de Terra de Trasancos.

A curripa na que estamos traballando pertence á asociación Betula e queda dentro do Parque Natural Fragas do Eume. Ten unha tipoloxía bastante curiosa, porque é cuadrada. Hainas de moitas formas, romboidales, e semicirculares, aínda que nas Fragas as que nós coñeciamos eran redondas. Din que nesta zona hainas deste tipo. A que ten Betula en Fornelos é semellante en tamaño e forma.


Levamos algunhas ferramentas básicas e un tronzón, e comida para traballar todo o día. O traballo consisitiu en: 

Abrir o camiño e cortar árbores secas e troncos caídos para facilitar o acceso. Limpar a zona da curripa e acomodar un sitio para instalarse. Cortar as 3 árbores que caían sobre os muros da curripa. Examinar a construción e os muros cos técnicos e co arqueólogo. Restaurar os muros caídos. Coller pedras polos arredores e traelas até a curripa. Limpar o chan e sacar as pedras enterradas. Construir o muro.


 
Foi unha xornada estupenda, de veciñanza e traballo en equipo, na que aprendimos e compartimos coñecementos.

 

16 sept 2021

"Castañas da Curripa" Fase 0

 


Hoxe, 16 de Setembro, fomos visitar unha das curripas que custodian a Asociación Bétula
A visita forma parte da fase 0 do proxecto "Castañas da Curripa" que consiste en facer castañas curadas nas curripas dos soutos das Fragas do Eume.
O obxectivo principal é recuperar a práctica e o coñecemento entorno á castaña conservada en curripa. Os obxectivos secundarios son publicar os resultados obtidos da investigación, compartilos e realizar actividades entorno a esta práctica e produto.
Tras facer o proceso de restauración da curripa e curado, as castañas extraídas serán analizadas por un equipo mixto no que participarán informantes, persoas do equipo do proxecto e degustadoras profesionais. 

O proxecto ten diversas fases. Vai desenvolver paraleamente unha investigación e un traballo de recopilación de memoria con informantes da zona e con material de arquivo.

Estamos sumando a colaboración doutras asociacións do territorio e desenvolvendo a primeira parte do proxecto. Traeremos máis novas.