Mostrando entradas con la etiqueta feminismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta feminismo. Mostrar todas las entradas

8 mar 2021

Vanesa Castro participa en "Tecnofeministas. Cinco voces para construír igualdade dende as redes"


Vanesa Castro participou no vídeo "Tecnofeministas. Cinco voces para construír igualdade dende as redes", que forma parte da campaña #OitoM, Moito por facer. As adolescencias como axentes de cambio.

No marco das actividades impulsadas pola Deputación da Coruña para aconmemoración do 8M, buscouse xerar un contido de utilidade e interese para as adolescencias da provincia en torno á creación de contradiscursos e ao activismo feminista no seu encontro coas TICs.

Se a desigualdade e as violencias do mundo analóxico teñen a súa traducción ao mundo virtual, dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña, quixeron axudar á mocidade a identificar aquelas mensaxes reproductoras das desigualdades, ao tempo que se lles facilitan ferramentas e referentes para xerar discursos alternativos dende os que fomentar a igualdade e actuar ante o machismo e a LGBTIfobia.

Isto fixéronno a través do deseño e difusión dun material didáctico que incorpora pequenas “entrevistas” en vídeo. Ao tempo, lanzaron unha campaña animando á mocidade a xerar contido orixinal co que amplificar a conversa nas súas redes. Contan coa complicidade do persoal técnico dos Concellos da provincia, os centros educativos, as asociacións de mocidade, etc.

E se a mocidade tivese máis ferramentas para impulsar a acción feminista dende as redes?
A campaña #Moitoporcambiar da Deputación da Coruña foi unha oportunidade para explorar esta cuestión.
O resultado foi "Tecnofeministas. Cinco voces para construír igualdade dende as redes", unha peza de vídeo acompañada dunha unidade didáctica para traballar o tema de maneira autónoma nas aulas, nas entidades xuvenís,... e en calquera contexto no que interese!
Emocionadas de constatar a potencia de abordar a acción feminista no contexto dixital e de colaborar, participamos estas mullerazas: 
Vanesa Castro, de Fur Alle Falle; 
Lourdes Pérez Indaverea, deseñadora de videoxogos; 
Sonia Méndez, directora do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay;
Laura Tabarés, investigadora, artista e memera; 
Ana Moreiras, profesora de tecnoloxía e autora de “Madia Leva”.
 
A proposta foi executada por Rexenerando S. Coop. Galega. E por suposto, con Andrea Olmedo de compañeira na ideación, As Maruxas Producións aos mandos técnicos, e Irene Íñiguez e Gema Santos na interpretación en lingua de signos. 
 
Gozade e espallade!
  
A guía didáctica para acompañar o visionado do vídeo pode descargarse aquí:


7 mar 2021

Vanesa Castro no especial do 8M de La Voz de Galicia: Mujeres de Ferrolterra reivindican su lucha diaria por la igualdad

Con motivo do 8M, Ana Cuba, xornalista de La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe sobre mulleres diversas de Ferrolterra, onde entrevistan a Vanesa.

«Sexamos positivas; estamos aquí para mover as estruturas do machismo, que parecen inamovibles, sempre dende a alegría». Vanesa Castro, investigadora, productora y agitadora cultural, lanza, desde Monfero, este mensaje de aliento a todas las mujeres, en vísperas del 8M. Tiene 41 años, y aunque nació en A Coruña, su vida siempre ha estado ligada a la casa de sus abuelos paternos, en Vilachá, donde reside con su pareja desde hace nueve años. Estudió Bellas Artes en Valencia y tras varios años de nomadismo, por temporadas en el rural luso y castellanomanchego, se reencontró con sus orígenes.

Desde la Asociación Rural-C, de ámbito estatal, que fundaron en 2010, trabaja y colabora con distintos colectivos en el País Vasco o en Portugal, impartiendo seminarios y talleres. El covid-19 les ha obligado a cambiar el formato. A finales del año pasado estrenaron la película documental Monfero 2020, «unha mirada sobre a vida cotiá do territorio, que retrata ás persoas nos seus labores e oficios, as paisaxes e os lugares». Castro, defensora de la vida en el rural -«que a xente poda quedar ou vir á aldea e dedicarse non só á gandaría e a agricultura»-, ve avances hacia la igualdad. «Pero queda moito por facer -alerta-, as mulleres estamos a ser cuestionadas continuamente, pola roupa, o peso, a ética, a forma de falar...».

Podes ler aquí a reportaxe completa: Mujeres de Ferrolterra reivindican su lucha diaria por la igualdad

3 dic 2019

"Mulleres con historia", proceso e libro


O libro “Mulleres con historia” é o resultado material dos obradoiros de Igualdade impartidos por Vanesa Castro e a Asociación Rural Contemporánea dentro do programa de sensibilización para promover a igualdade no Concello de Monfero.
Participaron 24 persoas, 22 mulleres e 2 homes, nun total de 10 sesións en diferentes lugares do Concello: Cámara Agraria (Rebordelo), Portal de Entrada ás Fragas do Eume (Mosteiro de Monfero), e dous locais privados de Xiao (Alto do Xestoso).


Durante os obradoiros valoramos e recoñecemos o traballo das mulleres ao longo da historia. Mulleres anónimas e loitadoras que traballaron dentro e fóra da casa, no campo e cos animais, e noutro tipo de traballos, como sacar adiante negocios.
Reflexionamos sobre a desigualdade debida ao xénero nun entorno próximo como é o familiar. Sensibilizámonos sobre as dificultades que atopan as mulleres no ámbito familiar e laboral. Coñecemos os traballos que realizan as mulleres próximas ás nosas vidas.

Reflexionamos sobre os cambios que se produciron na relación traballo - muller.
Tamén vimos como moitos traballos que históricamente foron masculinos son ben desenvolvidos por mulleres, e ao contrario, outros traballos relacionados cos coidados, históricamente asociados ás mulleres, son agora ben desenvolvidos tamén por homes.
Debatemos e recoñecemos a igualdade do home e da muller ante o traballo, que sempre depende das condicións de cada persoa independentemente do seu xénero.
Reflexionamos sobre cal é a realidade máis próxima a nós e como podemos contribuir a cambiala. Fixemos unha autocrítica para darnos conta de como ás veces caemos en certos prexuízos que teñen que ver co xénero.


Fomentamos o interese por coñecer a realidade a través de diferentes fontes: a conversa, a transmisión oral, a entrevista, a posta en común e o debate, os relatos, a lectura, as imaxes, os retratos..., facendo visibles ás mulleres das nosas vidas e do concello.
Visibilizamos ás mulleres das nosas vidas e ás do propio concello a través da publicación dun libro, Mulleres con historia, do que as persoas participantes son coautoras. Prácticamente todas as participantes quixeron formar parte do libro.
Reflexionamos sobre a historia, sobre quen escribe a historia.


Cada unha das participantes tivo o seu espazo de liberdade e de poder, na súa parte do libro. Entedimos a diversidade, as distintas visións da memoria.
As persoas participantes foron e son axentes activos, tanto en cada unha das sesións, como na difusión do libro. Nas distintas dinámicas, unhas e outras prestáronse axuda, algunhas participantes recolleron o relato doutras, déronse ánimos e compartiron historias das mulleres importantes nas súas vidas.
Destaca o sentimento compartido da necesidade de ter máis tempo, máis horas para xuntarse neste tipo de obradoiros e encontros, nos que compartir e aprender tanto, unhas das outras.



O libro está editado por Vanesa Castro, e maquetado e ilustrado por Iñaki López, con debuxos que parten de fotos reais das protagonistas.


Publicamos unha tirada de 110 exemplares, repartidos na súa maioría entre as participantes. A cada unha das persoas coautoras déronselle tres libros. Un para ter como patrimonio da súa casa, outro para emprestar e outro para regalalo. Ás que participaron nos obradoiros e non na coautoría do libro, démoslle un libro.
Dezasete libros, quedan en depósito no Concello para ser distribuídos entre axentes locais, como pode ser a escola do Xestal. Catro libros, distribuídos a través do Depósito Legal, para os seguintes centros: Biblioteca Nacional de España, Biblioteca de Galicia, Biblioteca Pública da Coruña “Miguel González Garcés”. 
Se estas interesado en consultar o libro ponte en contacto connosco enviando un e-mail a hola@ruralc.com




9 nov 2019

"Mulleres con historia" no concello de Monfero


Dende a asociación RuralC estamos levando adiante os obradoiros Mulleres con historia. A partires destes obradoiros e con todas as persoas participantes, elaboraremos e publicaremos un libro de autoría conxunta. Recoñeceremos e recuperaremos o protagonismo destas mulleres na nosa historia.
En breves máis novas.