Mostrando entradas con la etiqueta Miño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Miño. Mostrar todas las entradas

1 oct 2019

O libro "Historias de Miño"

O libro é unha publicación que forma parte do proceso "Historias de Miño", iniciado no 2017.
Un proceso de cultura de base que ten como obxectivo poñer no centro da cultura ás persoas veciñas e as súas vidas, facelas protagonistas e creadoras de historias ligadas ao seu territorio.
As historias foron recollidas en todas as parroquias do concello de Miño, entre setembro de 2017 e decembro de 2018, a partires de derivas, visitas e conversas polas casas, rueiros e centros sociais.
Na web de Historias de Miño podes ver todas as historias, ilustracións, fotografías relacionadas, un mapa coas historias situadas e máis información.





O libro está producido e autoeditado pola Asociación RuralC.
Escrito por Vanesa Castro e Iñaki López.
Maquetación, deseño e ilustracións, por Iñaki López.
Edición por Vanesa Castro.
Tamén contamos coa colaboración de Lourdes Rodríguez Freire.

No libro pódense atopar historias sobre a cultura, o patrimonio etnográfico, antropolóxico e natural, as praias, a ría, o mar. Sobre o xeito de vivir da xente antigamente, os hábitos, os oficios e os traballos, as crenzas, os animais e os cambios sociais e tecnolóxicos.

O libro publícase nunha edición de 150 exemplares. Dos cales regálanse uns 50, repartidos entre as persoas e familias que participaron directamente, os centros sociais de cada unha das parroquias, asociacións veciñais, como a asociación de amas de casa de Miño ou a asociación de veciños a Irmandade, de Bemantes.
Tamén regálase as Bibliotecas Municipais (de Miño e Pontedeume), Biblioteca Nacional, Biblioteca de Galicia, Depósito legal, e outras entidades e fundaciones.
Os demais están a venda contactando coa asociación, ou nas librerías de Miño, Betanzos e Pontedeume, a partires do día 28 de Setembro do 2019.

Se estás interesada en adquirir un libro, contacta por mail con: hola@ruralc.com



O sábado 28 de Setembro presentamos o libro no centro social da Rúa de Miño. Ao acto acudiron persoas veciñas, algunhas delas protagonistas das historias, outras que colaboraron no proceso e moitas outras interesadas. 
Limos as historias e comentámolas. Falamos da negativa do actual equipo de goberno para continuar colaborando neste proceso cultural. Tamén falamos do futuro do proceso e da súa continuidade, así como de futuras actividades relacionadas coas historias.

Durante os seguintes días entregamos os libros ás veciñas participantes que non puideron vir ao acto de presentación, visitándoas nas súas casas e nos locais sociais das distintas parroquias.


Foto coas veciñas de Bañobre.


14 mar 2019

Obradoiro de Internet para a vida cotiá

De Febrerio a Xuño do 2019 estamos impartindo un obradoiro para usar internet na vida cotiá.
É una actividad impulsada polo Concello de Miño, A Coruña, para persoas de máis de 55 anos.

Impartimos contidos básicos e útiles para que as persoas poidan coñecer o manexo dos séus dispositivos e realizar xestións a través de internet.


21 dic 2017

Presentación do arquivo Historias de Miño

https://historiasdemino.wordpress.com/2017/12/01/a-festa-de-leiro/
 
 A memoria é algo vivo e dinámico, unha materia dificil de sintetizar.


O sábado 16 presentamos o arquivo de memoria Historias de Miño.
Realizamos un acto público no que mostramos o sitio web:   www.concellodemino.gal/historiasdemino

A web presenta máis de 30 relatos e un mapa que sitúa o patrimonio material e inmaterial do concello de Miño, en A Coruña.

É un archivo emocional, que fumos constrindo dende as diversas subxetividades cara una subxetividade común. Son relatos construídos entorno ao non catalogado, entorno ao patrimonio inmaterial que imprime vida ao patrimonio material. Son as intrahistorias que van formando o carácter e a identidade dun concello. A vida que sirve de fondo permanente á historia cambiante e visible.
Historias que chegan ao presente contadas polas veciñas y veciños de todas as edades, basadas nas súas anécdotas, situacións e recordos.

https://historiasdemino.wordpress.com/2017/12/02/praia-de-suseto/

Acceder a estes pasados afastados e non tan afastados permítenos ter outra visión do presente e permítenos imaxinar outros posibles futuros. Coñecendo mellor as historias do noso territorio aprendemos a respetarlo e quererlo más.

Historias de Miño é un retrato social, no que podes encontrar relatos entorno ao patrimonio natural, aos hábitos, os oficios e técnicas, as lendas, e os cambios sociais e tecnolóxicos entre outros temas.

Este arquivo nace coa vontade de crecer e ampliarse, construindo a memoria común do concello de Miño dun xeito participativo.


https://historiasdemino.wordpress.com/2017/12/02/praia-de-suseto/


Historias de Miño é un arquivo oficial da memoria local de Miño producido pola asociación RuralC para o Concello de Miño.

Os relatos foron escritos por Vanesa Castro e Iñaki López a partir das historias recollidas entre a veciñanza de Miño, durante os meses de Setembro e Novembro de 2017.
As imaxes antigas foron cedidas polo Concello de Miño para a súa publicación neste arquivo.
Textos baixo licencia CC BY-NC 3.0
Ilustracións por Iñaki López.

Mapa do arquivo:

 

 Foto do acto de presentación (via Patricia Maggiora):



PRENSA:
O proxecto, que recolle xa 30 historias da memoria colectiva, pretende servir de nexo entre os veciños.



13 dic 2017

Historias de Miño



Este Sábado 16 de Decembro, de 18:00-20:00 horas, facemos a presentación do arquivo de memoria local de Miño, no Centro Social da Rúa.

É un proxecto no que levamos varios meses traballando coa veciñanza de Miño, A Coruña.

O arquivo preséntase a través dunha web na que podemos ler as historias e relatos, visionar ilustracións e fotos, e localizar os puntos de interese nun mapa.

Son historias que chegan ata a actualidade contadas pola veciñanza, baseadas nas súas anécdotas, situacións e recordos. O arquivo sitúa o patrimonio histórico, dende o experiencial e o emocional, dende as diversas subxectividades cara a unha subxectividade común. Podemos atopar relatos entorno ao patrimonio natural, aos hábitos, aos oficios e técnicas, ás lendas, e aos cambios sociais e tecnolóxicos, entre outros temas.