Mostrando entradas con la etiqueta culturanorural. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta culturanorural. Mostrar todas las entradas

19 dic 2018

23 nov 2018

Historias de Miño. Encontros nas parroquias.


Neste outono continuamos recollendo as historias da veciñanza de Miño. Presentamos o arquivo de memoria local e conversamos sobre a historia das persoas veciñas e a historia de cada unha das parroquias.

Os encontros tiveron lugar nos seguintes lugares:
Bañobre, Miño, Leiro, Bemantes, Callobre, Carantoña e Xarío, onde nos xuntamos con persoas de San Xoán de Vilanova e de San Pedro de Perbes.

Agradecemos as convesas, os debates, as reflexións, as anécdotas e os recordos compartidos connosco ás persoas participantes. Grazas pola vosa xenerosidade.

Coa emoción do primeiro día, esquecemos facer unha foto co grupo de memoria de Bañobre. Deixámosvos fotos dos encontros e das conversas.

Coa asociación de Amas de Casa de Miño.
 

 
Coa asociación de veciños A Irmandade, de Bemantes.


 
 Co grupo de memoria de Callobre.


 
Co grupo de memoria de Carantoña.


Co grupo de memoria de Xarío.






21 oct 2018

Rural C no Festival Son Labreg@






O pasado 22 de setembro dende Rural C participamos na segunda edición do Festival Son Labreg@, organizado polo Sindicato Labrego Galego, que desta vez elixiu como escenario o entorno do Cinema Palleiriso, en Garabelos (parroquia de Mariz).
Trátase dunha iniciativa dos mozos e mozas do SLG que están organizadas ao redor de Mocidade Labrega e que nos explicaron polo miúdo dúas das persoas que a integran: Sonia Vidal Lamas, gandeira que, ademais, forma parte da Executiva do SLG; e Vítor Fernández, gandeiro tamén e membro do grupo chantadino Liviao de Marrao.

Co o lema “Construíndo soberanía alimentaria e cultural”, este festival pretende ser “unha xornada lúdica e festiva na que o lecer e a convivencia non estean rifados cos debates ou a reflexión”, explicou Lamas. “A intención é que a sociedade galega e, especialmente, aquelas persoas que nos queiran acompañar, poidan coñecer as problemáticas e desafíos aos que nos enfrontamos día a día nun ambiente festivo e en clave positiva”.

Nun plano de diálogo e debates, a programación deu contido a esta intención con dúas palestras. Na primeira, sobre soberanía alimentaria, falaron mozos e mozas que xestionan anovadores proxectos agrogandeiros, como Ana Corredoira (Lácteos A Cernada), Alberto Santín (gandeiro de ovino e caprino), Xosé García (Casa da Fonte, lácteos) ou Mónica Llenderrozos (gandeira de Oscos).

Xa poñendo o foco en iniciativas culturais que se están a xerar dende o noso rural, nunha segunda palestra, participaron Xosé Antón Bocixa (cineasta, xestor da produtora audiovisual Tingalaranga e cantante do grupo Zënzar), Anxo Moure (Cinema Palleiriso), Lola Tourón (Cestería Viva) e Vanesa Castro, de Rural C. 
“Todo isto sen perder o sentido crítico”, puntualizou Sonia Vidal, “pois, dende Mocidade Labrega, con este festival tamén queremos denunciar a nefasta xestión que se está a levar a cabo do rural dende as administracións, deixándonos decotío aos mozos e mozas que vivimos no rural a única saída da emigración”.
 
Deixamos aquí un video feito por Canle Ribeira Sacra sobre o evento: