3 dic 2021

Mobiliario para as actividades no exterior en RuralC Monfero

O investimento do ano 2021 vai dirixido a ter un lugar ao aire libre onde reunirnos e desenvolver as actividades e encontros da asociación. A covid-19 mudou a forma de relacionarnos, e durante o 2020 vimos a necesidade de ter un espazo destas características para desenvolver algunhas das nosas actividades, e non facelas soamente en espazos pechados. Nas cidades hai parques e espazos exteriores nos que facelo. Aquí, nas aldeas, temos montes e leiras, e cando queremos sentarnos ou pararnos a falar, é sempre nunha cuneta, nun prado, ou nunhas pedras dun valado. Fixemos este investimento para ter ese lugar no que parar, e continuar a traballar en relación co territorio.

O proceso parte dunha proposta de deseño dun monte via a productora Fur Alle Falle en Monfero. Ese deseño dun monte é un proceso continuado no tempo, no que se traballa o espazo por zonas, as árbores e plantas, e os camiños e sendas. 

Nunha segunda fase entrou a colaborar a arquitecta Iria Varela que diseñou o moble. 

 


Na tercera fase buscamos un lugar onde poñer o moble e traballamos ese lugar co traballo voluntario de persoas socias veciñas do lugar. 




Logo entrou no proceso o carpinteiro Douglas Birkett, tras ter esperado meses por outros carpinteiros. Foi un dos primeiros que tíñamos en mente pois coñecíamos o seu traballo en casa doutras veciñas, pero daquela (principios de nao) andaba moi ocupado. Asi que foi unha sorte que estivese libre ao final do verán para traballar connosco. Con Douglas realizamos o moble e a súa instalación. Cortado das pezas, protección con lasur, preparación da base, instalación e anclaje, e acabado.

 



O moble foi acabado de instalar o dia 2 de Novembro, con doble capa de protección e o espazo do redor recollido. O lugar ainda segue en proceso. Téñense plantado diferesntes especies de frambuesa, mora, arandos solvestres, cerdeiras, freixos. Ten un traballo importante de manteñemento de sendas e espazos, limpeza de toxos, silvas, rebrotes de eucaliptos, etc.

As actividades que fixemos en Outubro Novembro foron:
  • Encontro sobre memoria e coñecemento do territorio..
  • Lectura de historias de Vilachá e obras relacionadas coa antropoloxia e a cultura do territorio.
  • Encontro nocturno - Historia das estrelas
  • Piqueniques e conversas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario