4 jun 2021

A asociación RuralC oponse á construción do Parque Eólico Pena do Corvo

(en español AQUI

VISITA A WEB DA PLATAFORMA MONFERODINON para atopar toda a INFO e as alegacións,.

Dende a Asociación RuralC de Monfero opoñémonos á construción do parque eólico Pena do Corvo en Monfero. E sumámonos a plataforma veciñal MONFERO DI NON.

FOLLA INFORMATIVA da Plataforma MONFERO DI NON.

FACEBOOK https://www.facebook.com/groups/monferodinon

TWITTER https://twitter.com/monferodinon

INSTAGRAM https://www.instagram.com/monferodinon/

Na seguinte ligazón podes atopar o Anteproxecto e o Estudo de Impacto Ambiental do Parque Eólico Pena do Corvo de 58,5 MW e a súa infraestrutura de evacuación en Monfero: https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/39812f86f9b77b718acf14524a7c87201e19e914

Hai outro parque proxectado tamén en Monfero, o Parque Eólico Taboada, cunha potencia de 74,4 MW e estrutura de evacuación en Monfero, As Pontes, Xermade e Guitiriz, mais aínda non se abriu o periodo de alegacións. Podes descargar a información publicada sobre este parque no seguinte enlace.

O proxecto do Parque Eólico Pena do Corvo sitúase en Monfero, atravesando o concello dende Caaveiro até o Convento de Monfero. Ten proxectados de momento 13 aeroxeneradores dentro dun polígono que delimita o parque.
Dentro do polígono quedarían as parroquias de San Fiz, Vilachá, e Queixeiro. E os seguintes lugares habitados (35): 
Viñas, Vilafaíl, O Castro, A Cabana, Primoi, Valoi, Os Campos, Vite, O Casal de Riba, As Corveiras, A Corveira, O Piñeiro, O Candedo, A Louseira, Nebras, O Cotillón, Casalbito, As Lamelas, A Visura, Rego do Eixo, A Pila da Leña, Montelongo, A Bouza Maior, A Bocha, O Mascoto, Taboada, Pazos, Vilarxestoso, Santo André da Ribeira, Os Gotes, San Xiá de Arca, As Cortizas, O Redondo, As Leguas e O Rodeiro. Tamén están Os Paces e O Coto, do Concello de A Capela.

Quedan tamén numerosas explotacións gandeiras e as súas terras, o Camping Fragadeume e parte do espacio da propia Asociación RuralC. As nosas leiras, os montes, e o patrimonio material e inmaterial do nos entorno inmediato, os ecosistemas do Parque Natural Fragas do Eume e a reserva da Biosfera das Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo. Os mosteiros de Caaveiro e Santa María de Monfero, e numeroso patrimonio arqueolóxico catalogado e non catalogado pola Xunta.

A liña de alta tensión AÉREA sae dunha subestación construída no Campo do Mulo, ten uns 40 metros de ancho, e pasa por baixo das Corveiras, atravesa os prados até a ponte do Piñeiro, cruza até o Muíño do Pancho, segue por Fradiz, pasa por baixo de Goente, e sae do concello polo Seixo cara o Monte Grande. E de aí, atravesa os concellos de Ordes, Carral, Abegondo, Mesía, Oza-Cesuras, Betanzos, Coirós, Paderne, Irixoa y Vilarmaior con estructuras de até 39 metros, logo no seu final entérrase até chegar o Mesón do Vento. 

Mesón do Vento, ¡menuda papatoria!, ¡deben ir cheos!


 

MAPA MONFERO DI NON 👈🏻 No que podes xeolocalizarte coas coordenadas exactas do Parque eólico e as súas infraestructuras, máis algunas capas de patrimonio cultural material e inamterial.

 

* básicamente:  

 

¿Que implica ter propiedades dentro do perímetro do parque eólico? 

  • Caída de valor (30- 50%) dos activos inmobiliarios afectados por infrasonidos (ata 10 km), e polo impacto visual dos aeroxeneradores. 
  • Fragmentación do territorio e perda de potestade. A promotora poderá intervir nos terreos (trazar pistas, cortar montes, etc ) que quedan dentro do parque según os seus intereses. 
  • Impacto na economía local e no turismo.
  • Impacto na biodiversidade e no patrimonio.  
  • Impacto nas augas e nas traídas.
  • Impacto na saúde 

E no trazado da liña de alta tensión? 

  • Caída de valor de activos inmobiliarios afectados por infrasonidos e polo impacto visual da liña de alta tensión.
  • Fragmentación do territorio e perda de potestade. A promotora poderá intervir nos terreos (trazar pistas, cortar montes, etc ) que quedan dentro da liña de alta tensión (40 metros aprox) según os seus intereses.
  • Impacto na saúde   

Imos expoñervos os motivos polos que non estamos dacordo co proxecto de parque eólico:

As estratexias das eléctricas:
As eléctricas usan a estratexia de dividir un proxecto en varios tramos pequenos para conseguir facilidades de tramitación e conseguir unha análise ambiental adecuada sobrepasando a legalidade.
As leis están obsoletas e pretenden poñer aeroxeradores de última xeración a só 500 metros das casas, aludindo á distancia mínima legal fixada pola Xunta hai case 20 anos, cando as turbinas eran moito máis pequenas. Estas empresas de enerxía son un lobbie, unha pandemia que se extende por toda Galicia a costa de explotar os nosos recursos comúns e o noso xeito de vida. Producen enerxía para vendela fóra.
 
No noso caso non parecemos ser o mellor sitio para unha infraestructura industrial. Temos dentro do polígono parte do Parque Natural Fragas do Eume, os dous mosteiros das Fragas, Caaveiro e Santa María de Monfero. Atópase neste polígono numeroso patrimonio arqueolóxico como o Castelo da Pluma, numerosas mámoas. Hai tamén cantidade de fauna endémica, contorna de ríos con escasos caudales, prados a regadío ben cuidadiños... 
Na seguinte imaxe mostramos un listado e a ubicación dos contornos de protección de xacementos catalogados e inventariados pola Xunta de Galicia como patrimonio cultural, que van quedar dentro do polígono e das súas instalacións, algúns deles xa aparecen no propio informe de Iberdrola con un "impacto severo". Co MAPA MONFERO DI NON podes ir até o sitio andando.
 

 
¿Preguntástesvos que pasa coas turbinas despois, cando están vellas ou estragadas? Pois resulta que a enerxía eólica, a máis limpa, mostra a súa cara contaminante pola falta dun protocolo de reciclaxe para 18.000 toneladas de fibra de vidro con resinas canceríxenas. A ruína do sector impide unha acción sistemática de destrución e reciclaxe das aspas danadas polas adversidades meteorolóxicas. Só un 10% das pas refugadas son tratadas, o resto está en cen cementarios alegais, a maior parte en Galicia.
 

Impacto na vida das persoas:
Monfero é un paraíso natural precisamente polo fantástico entorno natural e a riqueza que nos ofrece a moitos niveis. Non estamos só a falar de proxectos de vida, senón tamén de proxectos económicos, de futuro, de ilusións, de apostas claras polo desenvolvemento do noso territorio. Queremos e precisamos continuar sendo un territorio cunha economía agro-gandeira de calidade, cunha cultura viva, cun patrimonio natural e cultural destacable, seguir recibindo distincións pola excelencia das elaboracións que saen da nosa terra, das nosas granxas, do noso colexio, da nosa xente. Queremos poder seguir traballando nun rural vivo e sostible e seguir loitando contra o despoboamento.
O parque eólico, liñas de alta tensión e aeroxeradores, poden traer riscos para a saúde da veciñanza.
Disque a 3 km do polígono hai afectacións sobre a saúde, canto máis se estamos dentro do polígono. É ben coñecido o dano do impacto acústico permanente (moito maior nestes aeroxeradores extra-grandes), en persoas e na fauna. 
 
Se cadra probáchedes algunha vez nas liñas de alta tensión, poste embaixo cun tubo deses de luz e ancendese.
 

 
Nulo proceso participativo:
A participación do público na toma de decisións en materia do medio ambiente, e en particular, na avaliación ambiental dos proxectos industriais está recollida no Convenio de Aarhus, no artigo 45 da Constitución española e na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. A avaliación ambiental dos impactos da totalidade das infraestruturas do proxecto industrial debe permitir á cidadanía a valoración conxunta, global, sinérxica e sumativa destes, en todas as fases de execución e durante o funcionamento do parque.
 
Impacto no valor das nosas casas e terras:
Temos que ter en conta a caída de valor dos activos inmobiliarios, porque o valor das casas rurais, edificios e terreos afectados por infrasonidos (ata 10 km), e polo impacto visual dos aeroxeradores, mostra unha caída significativa (30- 50%), que nos vai afectar directamente e que vai xerar máis despoboamento.
A obra civil necesaria para a implantación dun parque eólico supón un levantamento e movemento de terras, non só no emprazamento final dos aeroxeradores, senón nas zonas lindeiras, nas que frecuentemente se constrúen subestacións, tendidos eléctricos de evacuación, vías de acceso para trasladar a maquinaria, facer mantemento, etc. Dentro do polígono industrial quedariamos moitas parroquias, Queixeiro, Vilachá, San Fiz de Monfero, e númerosos lugares e aldeas coas súas casas, hortas e granxas.
Unha vez aprobada a súa construción imos perder a potestade sobre as nosas terras. Isto é así. A empresa poderá trazar, abrir ou alargar pistas, montar liñas de alta tensión en prados, cortar montes sen pedir permisos, en xeral facer un manexo óptimo para a súa actividade de todo o territorio de dentro do perímetro. 
 
páxina 221 do informe de Iberdola:  Por todo lo expuesto anteriormente, y con el fin de realizar la ordenación territorial del área afectada por el Parque Eólico Pena do Corvo en el municipio de Monfero, se propondrá mediante el procedimiento administrativo correspondiente la calificación del área de incidencia urbanística del proyecto (superficie vinculada al parque eólico en el municipio de Monfero) como SUELO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DE INFRAESTRUCTURAS.
… Permite la implantación del parque eólico en cuanto a sus infraestructuras y equipamientos, dado que los mismos no interfieren de forma significativa sobre los usos tradicionales.
Esto implica que todo o polígono do parque eólico pasa a ser para infraestruturas
segundo a lei, pasarían a ser todo " Suelo rústico de protección de infraestructuras (terrenos rústicos destinados al emplazamiento de infraestructuras y sus zonas de afección, como comunicaciones y telecomunicaciones, instalaciones para el abastecimiento, saneamiento y depuración del agua, gestión de residuos sólidos, las derivadas de la política energética o cualquier otra que justifique la necesidad de afectar una parte del territorio)"
 
 
Impacto Visual e emocional.
O concepto de paisaxe ten múltiples acepcións e interpretacións dentro do seu significado máis amplo abarcando a idea de territorio, condición, cualidade, país, rexión, identidade, idiosincrasia, agricultura, campo, natureza, cultura, etc, pero sempre con unha connotación espacial e emotiva.
A paisaxe experiméntase como unha realidade, sobre todo visual, pero tamén emotiva, e está directamente vinculado aos factores emocionais e os valores inmateriais da cidadanía que o habita.
A paisaxe ten certamente un peso, un valor emocional para as persoas, e é evidente que os ecosistemas desenvolven un importante papel psicolóxico sobre o ser humano, xa que se establecen vínculos afectivos entre estes e os demais seres vivos que contribúen ao benestar común.
Este valor emocional e o que representan culturalmente lugares como o Castelo da Pluma para as persoas habitantes do territorio non se valoraron nin mencionaron no informe de impacto da promotora.
Recordemos que o informe da promotora cando menciona a Cuenca Visual do parque e a liña de evacuación di:
"En escenario diurno, la envolvente de 10 km en torno al futuro Parque Eólico supone una superficie total de 46.416,13 ha. En esta superficie resultará visible algún componente del nuevo parque en el 26,09 % de dicha envolvente. Esta baja visibilidad responde a su particular emplazamiento y a la orografía de los terrenos colindantes." Estaría ben revisar estas porcentaxes, porque non parecen corresponderse coa realidade da cuenca visual experimentada polos habitantes diariamente, xa que a serra e os lugares mencionados son precisamente un referente visual, paixasístico, territorial e cultural.
 

Impacto no turismo e a economía en xeral:  
Os estudos demostraron que os turistas non desexan ver aeroxeradores, prefiren a vista, ante todo, das paisaxes naturais. Doutra banda está probado que estes parques industriais non xeran postos de traballo nin repercuten económicamente no territorio, é máis ben unha explotación ao estilo colonial, veñen, sacan os recursos moito máis alá da enerxía que necesita o territorio, e gañan diñeiro vendéndoa para fóra.
É evidente que o valor dos produtos que xeremos dentro dun polígono industrial vai caer, en canto á súa calidade, e en canto ao valor do seu orixe. 
 
 
Este proxecto ten un impacto severo nas explotacións agrogandeiras e forestais, afectando ás terras de produción vencelladas á PAC (política agraria comunitaria). Tanto as explotacións forestais e madereiras, como as gandeiras, vense afectadas pola fragmentación do territorio e a perda de base territorial. O que supón a perda de ingresos para as familias, para o sector gandeiro e madeirista, e para as empresas relacionadas, aserradoiros, carpinterías e demais industria transformadora da madeira. Este impacto na economía xeral non está avaliado no proxecto da promotora, que obvia a existencia de explotacións gandeiras e forestais, que constitúen o medio de vida das persoas e familias que habitan e viven no ámbito afectado polo proxecto eólico e as infraestruturas de evacuación.
Os impactos sobre o sector forestal e agrogandeiro son inasumibles e totalmente incompatibles cos usos e medios de vida actuais. Aspectos todos eles non avaliados pola promotora.

 
Impacto ecolóxico:
A construcción do parque eólico e doutras infraestruturas como novas estradas e camiños que fragmentan o territorio supoñen a perda de biodiversidade. A actividade de produción de enerxía eléctrica non pode ser allea a formulacións ambientais.
Hai un impacto xa máis que comprobado na extinción de flora, fauna e bosques de gran valor.
Lembrade que nos nosos roteiros de Fauna e  Flora temos atopado especies endémicas a menos de 1 km do perímetro do polígono, no Paraíso. 
É o caso da Salamandra Rabilonga (Chioglossa lusitánica), unha das xoias faunísticas da nosa comarca. Único representante actual do seu xénero, sobrevivente da fauna que habitou no Terciario os bosques termófilos europeos. Un reptil calificado como vulnerable e incluído dentro do Anexo IV da Directiva 92/43 de Hábitats del Consejo e o Parlamento europeos de especies que requiren dunha protección estricta, e para a que se deben tomar as "medidas necesarias para instaurar un sistema de protección riguroso". Este reptil xa ten parado a construción dunha carretera en Pontecaldelas.
No estudo de impacto ambiental de Iberdrola din:

Destaca la presencia del lución (Anguis fragilis), la lagartija serrana (Iberolacerta monticola), la culebra viperina (Natrix maura), la culebra de collar (Natrix natrix), el lagarto ocelado (Timon lepidus, denominado en el Catálogo gallego como Lacerta lepida), la salamandra rabilarga (Chioglossa lusitanica), el sapillo pintojo ibérico (Discoglossus galganoi), la ranita de San Antonio (Hyla arborea), el tritón ibérico (Lissotriton boscai), la rana patilarga (Rana iberica) y la salamandra común (Salamandra salamandra) catalogadas como “Vulnerables” por el Catálogo gallego de especies amenazadas. Ninguna de las especies anteriormente indicadas presenta Plan de Conservación aprobado.

 
Lembrádevos de que a Centaurea ultreiae, unha flor amarela, ten paralizado e modificado xa varios parques eólicos en Galicia.
Tamén hai un impacto notable nas aves, sobre todo migratorias, que moitas veces non conseguen esquivar o efecto barreira das aspas dos aeroxeradores ou liñas eléctricas de evacuación. A fauna en xeral sofre molestias que alteran o ecosistema, debido ao ruído, o electromagnetismo e ás vibracións que xeran.
 
Impacto nas augas:
Tamén hai estudos en canto á afectación ás augas. Algunhas poboacións locais e casas poderían perder o suministro de auga potable. Recordemos que moitas das traídas de auga comunitarias e particulares veñen da Serra, e dos terreos que van a ser movidos nas obras. O caso da traída veciñal de A Visura é destacable.
 


Somos conscientes de que precisamos camiñar cara un desenvolvemento sostible, pero o primeiro punto é o respecto á vida, o cal vese vulnerado neste proxecto de parque eólico, posto que a súa proximidade coas nosas aldeas causarían unha irreparable agresión para o noso territorio e graves danos en diversos ámbitos. 
Non estamos encontra da enerxía eólica, pero si do acopio do territorio con vida por parte de empresas que fan os seus negocios con recursos comúns. Hai cantidade de lugares despoboados onde poderían poñer os eólicos. E lembrade que estas empresas duplican beneficios ultramillonarios durante as crisis.
 
Os impactos non son asumibles, o noso modo de vida veríase afectado negativa e irreparablemente.
 
Para parar esta barbarie temos que presentar alegacións e personarnos no proceso.
A data límite para presentar as alegacións é o 9 de Xullo. 
Cantas máis alegacións individuais mellor. #TsunamiDeAlegacións 
 
Xa hai un modelo de alegación válido para calquera persoa que estea en contra do Parque eólico,
basado no modelo de Petón do Lobo ampliado pola asociación RuralC, que profundiza na área da cultura.
 
Como se presenta? Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes firma electrónica no rexistro dá Administración estatal.
Tamén podes modificar o modelo e adaptalo a túa problemática ou situación #particular engadindo o que consideres oportuno. En principo calquera persoa, estea ou non empadroada nun concello dos afectados polo parque eólico, ainda que viva nos emiratos árabes, pode presentala. O fundamental é que ten que entrar por rexistro oficial.



 

 

1 comentario:

  1. Grazas polo informe incluso sabiendo que "está todo el pescado vendido" desde Eorupa, no vamos a servirlo en bandeja. Si cualquier miembro protegido de la fauna o flora local nos sirviera de ayuda para frenar la adjudicación, sería de interés proponer zona alternativa evitando que se repita en un futuro otra mala elección.

    ResponderEliminar