27 may 2023

Proxecto Ríos no Rego do Candedo. Maio 2023

O sábado 27 de maio fixemos novamente a actividade "Coñecendo os nosos ríos" en colaboración coa asociación Euroeume.

Podedes ver tamén a entrada á actividade de custodia do río no ano 2021 e no 2022.

Voltamos ao rego do Candedo, pero esta vez noutro tramo do río, un pouquiño máis adiante.

Quedamos no Piñeiro, Vilachá. Primeiro demos un paseo para ver a intervención que estamos a facer no Outeiro, recuperando o lugar e transformando o que era un bosque de eucaliptos nun ecosistema máis rico, prantando diversidade de árbores e arbustos e facendo lugares para que as persoas e animais poidamos estar.

Despois seguimos o paseo até chegar a un prado no río. Fomos diferenciando árbores e paxaros, recoñecendo a fauna e a flora. E no río, observamos o hábitat e fixemos unhas medicións e análises, de caudal, ph, nitratos, velocidade da auga. Observamos e anotamos todas as especies que atopamos vivindo no río, entre elas a ra ibérica, especie protexida.

E a continuación, algunhas imaxes do pasado sábado

 




















 


No hay comentarios:

Publicar un comentario