13 mar 2023

X Encontro de troco da Rede Galega de Sementes 2023

O pasado 11 de Marzo do 2023 participamos no X Encontro de troco da Rede Galega de Sementes 2023

Participamos tanto na producción do evento xunto a compañeiros/as da comarca, como na creación do cartaz:

  

Tamén actuamos coa coral veciñal Fauna e Flora:



Esta formación, que ensaia na nosa sede de RuralC de Monfero, está formada por veciñas de Monfero e concellos colindantes. Presentan cancións de corte tradicional vencelladas á vida rural de antes e de agora. Moitas das pezas son versións de cancións tradicionais coas letras cambiadas ou actualizadas. 

Algunhas das súas pezas poden atoparse no disco TRADITRONICS2

Aquí podedes ver unha das pezas: La Juana.



 

cartaz por Iñaki López

No hay comentarios:

Publicar un comentario