17 dic 2017

20 anos das Oficinas do convento


Oficinas do Convento, en Montemor-o-Novo (Portugal) cumple 20 anos, e queremos repasar con vós a súa traxectoria.
Teñen publicado este video que resume 20 anos de actividades diversas e de comunidade activa.
Tamén fixeron a publicación dun libro.



As Oficinas do Convento - Asociación Cultural de Arte e Comunicación é unha asociación cultural sen ánimo de lucro.
Fundada en 1996, é unha Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento desde 2009 e Centro UNESCO desde 2010.
A actividade dos seus creadores contribuíu para que a cultura se definise como un eixo de desenvolvemento da cidade, estruturándose como resposta ás necesidades dos seus artistas e investigadores.
As accións programadas privilexian a formación e a produción de obras de artistas.

Os seus obxectivos son a creación de condicións materiais para a realización de actividades de investigación, divulgación, formación e produción na área das artes e da cultura e na defensa do patrimonio; O apoio e incremento de accións que contribúan ao desenvolvemento, entendéndose como proceso de mellora de condicións culturais e materiais, en estreita colaboración con entidades e e individualidades competentes, públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras, a promoción, apoio e realización de accións de formación artística e profesional.

Dende a súa creación, Oficinas do Convento opera no ámbito das artes plásticas, cunha clara preocupación en repensar as condicionantes do lugar, para os converter en máis valías culturais para o habitante da cidade.
A aproximación aos axentes culturais e artistas locais permitiu á Oficinas do Convento ampliar o seu radio de acción. A acción destes estrutúrase en torno aos obxectivos fundadores da Asociación: Divulgación, Promoción, Produción e Formación no ámbito das tecnoloxías vinculadas á arte contemporánea.
Ao mesmo tempo, as cuestións relacionadas co patrimonio cultural e arquitectónico son reflectidas e ponderadas desde discusións asociadas á creación artística contemporánea.

Os programas da Asociación son de interese público e teñen impacto no cotián da cidade, xa que contribúen a relación do habitante co espazo urbano, a paisaxe envolvente e a arquitectura tradicional, rescatando saberes.
Representan unha oferta programática para a cidade e representan, para a Asociación, unha máis valía polo apoio prestado ás actividades desenvolvidas.
A realización de accións de cooperación e de intercambios nos distintos ámbitos técnico-científicos, artísticos, sociais e culturais, en países periféricos á Comunidade Europea - nomeadamente en Cabo Verde permitiron á Asociación constituírse como Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento.

Dende 1997, Oficinas do Convento privilexia accións de formación e intercambio de experiencias que resolvan lagoas a nivel nacional e se traduzan nunha máis valía para os participantes. Estas accións permiten reforzar e consolidar a produción artística contemporánea, promovendo procesos de aprendizaxe para artistas e, á vez, promovendo a divulgación do traballo de profesionais expertos. Salientamos aínda o uso protocolario dos laboratorios e obradoiros por entidades externas como a Escola Secundaria Artística António Arroio, a Universidade de Évora, a Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa e o VICARTE.

En canto á formación, a característica diferenciadora está, por un lado, na maior autonomía dada no proceso de aprendizaxe e, por outro lado, na valorización da vertente máis práctica. Unha lóxica próxima dos cursos e obradoiros que veñen organizando, dirixidos a profesionais que desexan profundizar coñecementos en distintas disciplinas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario