14 jul 2016

O Conflicto Capital-Vida no rural.

Artigo de opinión por Iñaki López.

en Galego
Ver en castellano



A agroindustria no rural galego.
O recente artigo publicado en campogalego.com “A los jóvenes ganaderos igual nos corresponde dar el paso de industrializar nuestra leche” sérvenos de exemplo para ver cal é o modelo produtivo que "triunfa" no rural galego.
Entendo que a idea de "insdustrializar o noso leite" é a mesma idea que tiveron os nosos pais nos anos 90, cando se pasou das explotacións de 5-10 vacas ás de 50. Daquela eles tamén pensaban en cooperativas.
O modelo, que se fomentou desde a UE, confírmase agora como un modelo fracasado. As evidencias son: o peche de cuadras e explotacións gandeiras, que segue sendo un goteo continuo en Galicia, "perdió el 65 % de sus granjas lecheras durante la última década", a estafa das cuotas, dos contratos, dos precios do leite pactados, as débedas cos bancos pola compra de maquinaria agrícola e pola construción ou acondicionamento de instalacións, a dependencia das multinacionais para sementes, herbicidas e todo tipo de produtos.

Mentres unhas granxas apostan por medrar, este último ano vimos como moitas outras caían ata o máis extremo:
"Denunciado el dueño de una granja en la que se pudrían 39 vacas muertas ".
"El Seprona rescata a 15 vacas desatendidas en varios prados y una cuadra de Boiro"
Os movementos animalistas con toda a razón denunciaron estas prácticas descontroladas.
A opinión pública rabiaba ante estas novas, que se replicaron durante uns días nunha infinidade de xornais e telexornais, sen profundar no por que se chegou a este punto.
Poucos dábanse conta da situación dese gandeiro de Chantada, poucos preguntábanse que sucede cando non tes xa diñeiro para mercar ou producir alimento, cando as cuadras e as vacas xa pertencen ao banco porque non podes pagar a hipoteca. Que pasa entón? Quen coida as vacas?

O gandeiro foi acusado de malos tratos animais e delito ecolóxico. Tempo despois publicouse:
"Como cada vez producía menos leche y se la pagaban peor, fue recortando gastos. Acabado el pienso, llegó un momento en que solo pudo alimentar las vacas con hierba y un pequeño complemento a base de paja, así que los animales dejaron de dar leche. Cuando en marzo una enfermedad diezmó su granja ya había cancelado el seguro que le garantizaba la recogida gratuita de los cuerpos y no disponía de 6.000 euros para pagarla de su bolsillo"

Tratar de medrar dentro deste modelo que tocou fondo, ou tratar de perpetualo, non me parece unha boa idea.
Vivo rodeado de explotacións gandeiras. Moitas deixaron de facer leite e fan só carne (con 8-10 vacas), outras "sobreviven" como poden coas 50 vacas, e outras poucas lanzáronse nesta liña que propón o artigo:"haciendo una serie de inversiones para que la explotación fuera rentable y no quedara obsoleta". Toda unha aposta nos tempos que corren.










Foto 


Os granxeiros como "limpadores de baño a maior escala"

O documental "Una granja para el futuro" comeza falando dunha familia rural. Cito textualmente: 
"Papá a menudo describe a los granjeros como limpiadores de baño a mayor escala, y mi familia, como muchas familias rurales quería algo mejor para sus hijos"

O artigo de campogalego.com fala de "construir una fosa de purín más grande, para aumentar la capacidad de almacenamiento" como unha solución e un avance.
Coido que non é un modelo a seguir, máis ben parece o mesmo modelo que segue impulsando a administración, que leva años dicindo que vai facerse cargo deste tema pero que non move ficha.
Dáme a sensación que non hai un control real sobre a cantidade de xurros xerados, nin de como se realizan as verteduras. É un problema de relación de tamaños. O minifundio galego non parece capaz de absorver tantas toneladas de xurros. A concentración parcelaria, que fracasou no seu intento por parte da administración, é bastante cuestionable por si mesma no medio galego.











Foto Santi. M. Amil 


Afixémonos a ver xurradas (verteduras líquidas de esterco) de palmo e medio en pequenas leiras. Ou constrúes unha fosa nova ou te mantés coa de hai unhas décadas. É de supoñer que moitas destas fosas están en dubidoso estado.
Tampouco coido que este tipo de prácticas sexan a mellor forma de respectar os bens comúns que van máis aló do privado, como son a biodiversidade ou a calidade das nosas augas, que xa está bastante por enriba da media europea en nitratos, rozando o límite da potabilidade. Hai días nos que podes baixar á desembocadura do río Baxoi nas marismas da praia grande de Miño e observar os xurros secándose na área da ría xunto a augas residuais procedentes dos chaléts próximos.









Foto


Aínda que pareza incrible no Plan de Xestión de Residuos Agrarios de Galicia non existe unha regulación que controle as distancias ás que se verten os xurros das casas, dos pozos ou das augas para consumo humano. Unha práctica consentida pola administración é limpar as cisternas do xurro nos ríos, iso si, cun filtro que non deixe pasar o sólido. Non vos conto máis.









Foto


Xa no ano 2001 a Consellería de Medio Ambiente alertaba sobre estas prácticas. Pasaron 15 anos e paréceme que nada mellorou, nin as regulacións, nin a conciencia que os gandeiros teñen sobre este problema. Algunhas das consideracións sobre as cal alertaban, eran:

- Tendencia a la concentración de las explotaciones, lo cual aumenta los riesgos de contaminación en estas áreas. A su vez, la generación de purín aumentó como consecuencia del incremento de la capacidad productiva de las vacas.

- Las fosas para el almacenamiento del purín están infradimensionadas en la mayoría de las explotaciones, presentando en muchos casos problemas de permeabilidad. A su vez la falta de cubiertas provoca la consiguiente entrada de aguas pluviales, siendo receptoras también de aguas residuales de lecherías, etc. El escaso tamaño de las fosas, junto con las elevadas diluciones del purín, hacen necesario el vaciado en épocas innecesarias o incluso desfavorables para los ciclos vegetativos, mientras que en las épocas donde se necesita un aporte mayor muchas veces no hay suficiente purín disponible, por lo que se acude a los fertilizantes minerales.

- El infradimensionamiento de las fosas de purín es más evidente cuanto más antigua es la fecha de su construcción. 


- Prácticamente todas las aguas generadas en la explotación van a parar a la fosa de purín.


- La mecanización agraria, el uso de productos químicos (herbicidas, plaguicidas y pesticidas, fertilizantes químicos, productos veterinarios y otros), plásticos de ensilado y de invernadero y residuos de envases, alguno de ellos con carácter peligroso, llevan consigo la generación de residuos no valorizables directamente en la propia explotación.


- Se observa una tendencia en las nuevas explotaciones a disminuir el pastoreo, construyendo grandes establos en los que el vacuno permanece prácticamente todo el día.


- No existe constancia, por parte de los agricultores y ganaderos, de la peligrosidad potencial de otro tipo de residuos generados en la explotación y de su necesidad de una gestión correcta, como en el caso de los residuos no orgánicos generados como consecuencia de la actividad productiva de la explotación. Así, todo aquello que suponga un esfuerzo adicional es visto generalmente como una molestia innecesaria.


- El problema de olores y posible dispersión de patógenos supone un problema real en Galicia, por la proximidad de campos de cultivo y praderas a las viviendas de los núcleos rurales, problema acentuado por la alta dispersión de las explotaciones y pequeños núcleos de población.



















No artigo de campogalego.com, fálase do uso de terreos para a produción de millo. "10 hectáreas, las ubicadas en los mejores suelos, las dedican a maíz, la ración media diaria es de 15 kilos de silo de maíz".
Canto RoundUp utilízase nestas hectáreas? Con que consecuencias sobre a biodiversidade e a nosa saúde? Impórtanos a biodiversidade ou só a economía? Que dependencia temos das multinacionais que venden os produtos? Que maquinaria precisamos? Canto nos hipotecamos para mercar esta maquinaria e manter as instalacións? É compatible este modelo de produción con outros modelos de produción ecolóxica dos nosos veciños? ou estamos a foderlles o seu de carambola?

Por extensión poderiamos preguntarnos:
É o rural o retrete das cidades?
É o rural algo máis que un lugar destinado a producir bens para o consumo maioritario das cidades? É algo máis que un lugar onde limpar a merda dos litros de leite e de carne que se consomen nas cidades?
Quen queda no rural con este panorama?
Temos despoboamento, unha paisaxe sometida aos intereses privados da agroindustria, contaminación de varios tipos, non hai traballo, non hai case sector servizos, nin actividades socioculturais. Tampouco hai moita oferta para o lecer máis aló do mainstream.

O pasado 29 de xuño de 2016 o arquitecto Rem Koolhaas en #CambioDeClima afirmaba:
"El actual desafío de la arquitectura está en entender el mundo rural".
"Las ciudades solamente representan el 2% de la superficie del planeta. Tenemos que mirar más allá, nos hemos centrado demasiado en el desarrollo del entorno urbano, olvidando un poco el campo".

¿un poco? :)
"Afrontar los retos que plantea el mundo rural para la arquitectura, pero también para la era digital, va a traernos consecuencias, algunas tremendas”.

Na política, o "voto rural" volve estar no taboleiro.
Durante as pasadas eleccións comentouse que o voto rural é conservador e bipartidista. Poucos artigos atopei que analicen os resultados das eleccións desde esta perspectiva, nada en serio.















Imaxes de Rajoy na campaña do #26J

Rural y viejo: así es el voto que ha dado la victoria al Brexit. "En las zonas más rurales del país, el Brexit ha arrasado".

Si. Escoitamos que o voto rural é un voto envellecido, condicionado pola opinión dos medios de comunicación e pola estratexia do medo, pero ninguén fala de como fomentar e contaxiar o código dos movementos municipalistas polo rural. Non basta con ir dar un mitin na praza do pobo capital dunha comarca. Dende o movemento #15m fomos capaces de saír das prazas centrais aos barrios. Quizais se nos esqueceu saír das cidades ao rural.
Aínda que xa houbo unha avanzada que si o fixo::
Entre los meses de junio y julio del 2011 participé junto con otros tantos activistas en la gran marcha popular indignada de Barcelona- Madrid. Recorrimos esos 600 km para comprobar cuál era el estado de ese mundo rural tan desconocido y enigmático. Nosotros apenas teníamos un conocimiento más teórico que práctico porque la mayoría residíamos en ciudades(…) Especialmente los agricultores, ganaderos, los pequeños productores se sentían muy indignados por el mal trato que les dispensan. Empezando por los impuestos que tenían que pagar,  el coste de los insumos, insecticidas plaguicidas,  las semillas, los abonos o el pienso del ganado que no les compensaba ni  para cubrir los gastos. La única manera de subsistir dignamente es gracias a las subvenciones o ayudas que se reciben por parte del Ministerio de Agricultura, los Ayuntamientos, las Comunidades Autónomas o la Unión Europea. Un campo sin subvenciones significaría la ruina total.

Na Galicia o BNG, que xa contaba cunha masa crítica no rural, está a caer en picado. Coméntase que contan con "menos votos que afiliados". Non vou entrar a analizar o que pasou nese partido, só a compartir a miña tristeza de que esta rede que xa estaba articulada, por motivos x, deixara de funcionar.

O Cooperativismo é outra das claves do artigo de campogalego.com.
Apoio o cooperativismo. Cooperar ante a urxencia é vital. Pero non coa finalidade de crecer nun modelo desenfreado que leva á ruína. O cooperativismo non debería ser só cooperar para aforrar custos, debería ser unha cooperación tamén máis aló do plano económico, que repercuta no benestar da comunidade e na calidade da vida e o medio.

Temos ante nós outro exemplo do conflito Capital-Vida e, ¿que antepoñemos ou como buscamos unha balanza entre o económico e a saúde física e emocional?


O inevitable cambio de modelo
Inevitablemente miramos cara un cambio de modelo produtivo e sociocultural no rural, acorde co novo paradigma e a era dixital.
Coido que non ten ningún sentido tratar de medrar máis nun modelo produtivo que é un fracaso social e económico constatado, e que está sendo afogado polas políticas europeas.
Entendo que non é un problema das persoas que se adican á gandería, e que aínda que queiran cambiar o chip están atrapadas, endebedadas e non se lles ofrecen alternativas dende as institucións. Coido que estas persoas fan o que poden, apostando contracorrente, e moitas veces son enganadas. Vexo similitudes con outros sectores como a minería, que foi desmantelada no seu momento.
No plano da agroindustria, cambiar o modelo se cadra pase por decrecer nalgún sentido, e ofrecer outro tipo de produtos con outro valor engadido, como a calidade, a diferenza, a singularidade, algo que en Galicia sabemos facer moi ben.
Hai deceas de iniciativas inspiradoras funcionando, como Granxas da Lousada, Cortes de Muar ou Granxa Maruxa .
Temos que escapar da idea de que "o campo é un negocio ao que hai que lle sacar o maior rendemento económico" e pensar tanto na vida das persoas que habitan o rural como na biodivesidade. Pode que ese cambio na balanza axude a activar unha economía acorde a unha vida digna.
No sociocultural e o político pasa polo empoderamento das comunidades, pola participación, por desenvolver actividades e dinámicas de cultura libre no rural, por unha política municipalista, porque sexan as propias persoas habitantes, gandeiras, agricultoras, silvicultoras, pero tamén deseñadoras, freelancers, perruqueiras, pasteleiras, carpinteiras, as que decidan o noso futuro e a nosa relación co medio, sen ter que quedarnos esperando a que sexan as políticas da UE ou certas empresas as que decidan sobre as nosas condicións de vida.

Saúde e terra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario